miércoles, 23 de mayo de 2012

As abrespas, o Modesto e o Pepe en Trasil



 No prado de Trasil do ti Antoño, habia un castañeiro. Era un castañeiro moi vello. Xa estaba trob, o castañeiro,  e a piques de encartarse.
 O castañeiro era do ti Aselmo, inda que estaba no prado do veciño.
 En varias ocasiois, o ti Antoño tentou de cambiarle o castañeiro o ti Anselmo por outro similar, inda que noutro lugar.
 O ti Anselmo negouse. A min escápaseme o porqué do asunto e cambio e mais a negativa, sobre o cambio.Tanto o Pepe coma o Modesto leveronse o segredo a tumba, ainda que algunha vez les fixe a pregunta, tanto estando xuntos, como por separado. Quedeime en “ albis” en relación co que nos ocupa.Eran homes de palabra, e sabian calar.
 Nunha ocasión o castañeiro apareceu incendiado, xustamente polo trobo. Era nun empardecer e xa non habia posibilidade de apagalo, habida conta de que a auga estaba na fonte do Souto, e a maneira de apagalo lume era caldeiro a caldeiro. Inda non se inventeran as mangueiras, e menos se sabía da auga sobre as paredes dos recipientes e a sua maneira de sair escupida por algunha mangueira.
 Toda a noite, estuveron alí o Modesto e o Pepe, para controlar que o fogo non se estendera os palleiros que estaban  ó lado. Eran os palleiros das Vichas, da tia Mariarrosa, e o do ti Antoño..
 O ti Antoño foise a durmir. Según él a perna solta.
  O amñecer do seguinte día, cando o personal que se deitera, se ergueu, o castañeiro xa caera. O lume fixera de  leñador.
 O Modesto e mais o Pepe, estaban esperando a aparición do ti Antoño por alí. Querian verla súa reación.
 Eles xa fixeran as suas cabalas o respecto. O ti Antoño pediriale disculpas o ti Anselmo, éste refunfuñaría, mais aceptaria-as e o conto quedaria neso.
 Cando o sol xa arraiaba polo Castro, apareceu o ti Antoño. Asomou o fuciño pola esquina da pallarega, e viu que o castañeiro estaba no chau casi consumido, con cara de coña acercouse o fillo del e o do ti Anselmo.
 Antes de decir o que él dixo, hai que comentar, para unha mellor comprensión, polo mundo lector deste blogue universal, que o ti Antoño vivíra na Arxentina, donde contraera nupcias cunha prima súa de Castrelos. Inda teño que averiguar se xa se conocian ou se coñeceron por aquelas lonxanas e fermosas terras.
 Polo tanto, parece que era bastante habitual nel, igual que noutros emigrados, o de falar unha mestura de galego-portugués-castelan-e gaucho.
 Chegado a este punto o ti Antoño (meu avó), dixo, entre afirmación e sentencia firme:
  ¿ Has visto!. Ardeu o abrespeiro.
  Tampouco me enterei a que se referia con aquelo de “abrespeiro”.
  Unha aperta a todos os nombrados, que xa vai tempo que  nos deixeron.













2

4 comentarios:

  1. Eu sigo sen saber que pasa co castiñeiro... non vas facer unha suposición ou algo?? polo menos para sacarnos un pouco a curiosidade!!
    bicos

    ResponderEliminar
  2. Non sei se non terás contado xa esta interesante historia, Xabrés; con todo, mellor dúas veces ca ningunha. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. ¡Carballo, Paula!. O castiñeiro foi ó inferno.Eso sí a fogueira estaba en Trasil.

    ResponderEliminar
  4. Javier, pode ser o que dís. Penso que te podes trabucar con outro incendio en Trasil, no que o Modesto e o Pepe,tamén tiveron que loitar. Aquel fora unha trasnada miña e do Pepín, e tamén cos palleiros recien feitos e a pallarega chea de herba seca.

    ResponderEliminar