sábado, 19 de mayo de 2012

A vida é inexorable



 Desde o miercoles hasta o venres desta semana que finiquita, estive e San Ciprián de Hermisende. ( É largo o nome, mais hoxe paga a pena.)
 Fui a replantar tomates, pimentos e sementar fabas e algunha cousa mais. Vixiei  os inxertos feitos en marzo, as parreiras de estaca, e unhas estacas de pereiras e abruñeiros, espetados dentro dunhas xardiñeras feitas “ad hoc”.
 O viernes eu tiña que estar de novo en Vigo a mediodía..
 Fui a Porteliña, deile un vistazo o traballo feito, recollí as ferramentas, cerrei coa cadea e o candado a porta da pallarega, e volví a casa coa idea de ducharme e colle-lo portante cara a Vigo.
 Ducheime, a casa xa estaba recollida por Agela, e saín a meter cousas no coche.
 O sair, tamén saiu o Jaime da porta a carón da miña.mPreguntoume:
    - Vais os enterros?.
    -A que enterros?- dixen eu..
   - Os de Hermisende.
  - ¿Emterros?. Inquirí eu
  - Si. Hai dous. Un a medio día e outro pola tarde.
  - ¿Quen morreu?
  - Morreu o Jose, chamado Cabeza de Ferro e o Goyo.
 Quedei case sen saber que decir. ¡Duas mortes no mesmo día nunha aldea de pouquiños veciños, era un caso case inconcebible.!.
 Non podia quedar os enterros.
 Acordeime da familia dos dous. Preguei por eles e iniceí a andadura camiño de Vigo.
 Polo camiño recordei o ano 1964. Estaba eu na  “mili” en Jaca (Huesca). Un día mandéronme ir o corpo de guardia. Había alí alguen preguntando por min. ¿Quen seria?. O mais probable era que houbese un erro. Pola zona non coñecía a naide que preguntera por mín. A distancia desde a aldea hasta alí era de casi tres días en tren. Ou sin casi.
 Cheguei o corpo de guardia, e alí estaba él vestido de paisano. Mellor dito era un paisano.
 Era un paisano en todolos sentidos. Vestido de paisano, e paisano meu. Era de Hermisende.
 Alí diante de min estaba o Goyo.
 Nunca houbera pensado, apriorísticaente, en encontrarme nun cuartel de Cazadores de Alta Montaña, cun mozo de Hermisende, seis ou sete anos mais vello ca mín. Fundamentalmente, coñecíao como veciño de Hermisende, de velo nas festas e pouco mais. As típicas relacións de dous veciños de aldea, sen moito mais.
 Saludémonos,  e coa mesma él invitoune a comer. Non sabía se me deixarian. Falei co capitan de cuartel, espliquelle o que había, e deume permiso hasta a hora de retreta.
 Nunca olvidei aquel día nin o olvidarei xamais.
 Desde aquela, cada vez que nos encontrábamos na bisbarra, tomábamos unhas birras, se habia oportunidade, e charlábamos.
 Fixémonos bos amigos. Era un gran tipo, e encima caíamonos ben un o outro. Ultimamente, fai un par de anos,  foi a última vez que o ví.  Foi en Hermisende no que fora a  antigua casa do “Grilo”. Estaba bastante deteriorado, parece que a sua cabeciña xa non rexía ben. Saludeino, coñeceume, mais a renglón seguido púxose a cantar unha cantiga das que se adoitaban a cantar polos carnavais. Por certo cantaba moi ben.
 Xa dixen non o volvín a ver. Agora entérome que xa abando-ou esta vida.
 Solo podo decir desde aiquí, que era un amigo, unha boa persoa, e que lamento non poder acompañalo na súa última viaxe. Rezarei, coa pouca fé que me deixan ter os representante dun deus que xa nos debeu de abandoar. Espero poder rezarle algún mais.
 ¡ Hasta sempre, Goyo, amigo!







2 comentarios:

  1. Hay veces que los detalles más nimios sirven para fundamentar algo mucho más grande.
    Un enternecedor recuerdo, Xabres, en el mejor sentido.
    Abrazos

    ResponderEliminar