miércoles, 12 de diciembre de 2012

¡ELES NON PINTAN NADA!




 Decian que non avisaba .Parece que é certo. Veu de repente e sen demasiado esforzo separoume da pesada carga dun corpo  de terra.
 Non fora nada dificil, incluso foi algo bastante agradable. Aquelo de deixar o corpo era agradable. Desaparecía a peasadez, e sentíase ún liberado de todo.
 Aquel acidente, nun primeiro momento produciume unha grande dor. Mais ó sentirme separado do corpo sentin un pracer enorme. Todo estaba ben.
 Todo indicaba que acababa de morrer. Xa escomenzaba a facerme a pregunta de por qué non acaecera aquelo antes.
 Estaba un pouco, mais ben un muto, desorientado. Non sabia que facer, nin hacia onde marchar.
 Decidí alonxarme da terra, como decian que o ceo estaba “arriba”, pensei en ir hacia alí. Pronto descubrí que o de ir hacia arriba era complicado. Simplemente non sabía onde era arriba, abaixo, esquerda e direita. Estaba noutra dimensión.Non tiña referencias polas que guiarme. Hasta que descubrí que o de ir de un sitio a outro solo era cuestión de pensalo, pasou un pouco de tempo.
 Pensei en ir o ceo, e de sútaque atopeime nas portas. Alí estaba un home cun feixe de chaves, que abrian as portas.
 Díxenle que quería entrar alí, e él pediume o certificado de boa conduta. Pregunteile que qué era aquelo, e dixo que sin él non podia entrar. Mirou nun ordenador pequeniño, mais de unha rapidez instantánea, viuse a miña vida relixiosa, e díxome que o tiña crú, nunca pagara nada a igrexa, e as veces falara mal dos cregos, o que era un grande impedimento. Deberia volver, pagar todo e entonces os representantes eclesiasticos darianme un certificado co que, unha vez abonadas a taxas correspondentes xa podía entrar.
 Decidí marchar a outro lado. Iria o inferno, pensei. Atopeime na porta e ó meu carón estaba un home ben vestido, con chapeu de copa, chaqué, unha enorme gravata e moitos aneis nos dedos. Debia ser o demo, ou un deles. Díxenle que quería entrar alí e él respostoume decindo que tiña que abonar a miña parte alícuota da hipoteca que os politicos en nome de todos os homes fixeran  sobre a estadía no inferno. Habia que pagar as infraestruturas. Eu non sabia nada daquelo, mais non me chamou demasiado a atención aquelo. Estaba acostumado as estupideces dos politicos e as súas maneiras de enguedellar ,os demais e sobre todo ás cousas.
 Dixen que non.
 Quedei un pouco, alí no medio da nada, pensativo. Decidín ver a Deus. Automáticamente estaba o seu carón. Mellor dito, sentíao cerca, vélo non o vía, so cambiu o meu entorno, decidin que era alí onde quería quedarme.
 Sonou a voz de Deus: ¿Qué queres?
 Quero quedarme aiquí con vostede, nun currunchiño pequeno  onde non estorbarei nadiña.
 ¡Non te deixeron entrar no ceo nin no inferno ¿Non sí?!. Amiguiño ahí, eu pouco teño que facer, deile liberdade e agora usanha so no seu proveito. Por min poderias quedar aiquí, mais terías demasiados problemas, o contacto coa miña enerxia, nun momento de descuido serias eliminado, e non foi esa a idea da creación.
 ¿Qué podo facer logo?- preguntei.
 ¡Tomar unha decisión!- Respondeu
 Decidin quedarme alí. Preferia desaparecer por un golpe de ENERXIA nun decuido antes que darle satisfación a demos, banqueiros, politicos e cregos.
 ¡Qué carallo, a fin de contas fóra a enerxía quen me creara ¡ Mal seria que non se me pegara algo, e se non era posible, sempre me quedaba a posibilidade de reencarnarme, nalgunha galaxia perdida nalgún lugar do universo futuro.

4 comentarios:

  1. A pantasmiña de Xabres tan coñera como o Xabres real jaja, así que un golpe de enerxía eh!
    Forte aperta.

    ResponderEliminar
  2. ¡Mira tú que a lo mejor tenemos aquí un origen alternativo de A Santa Compaña! jejejeje
    Abrazos, Xabres

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acabo de volver de uns días de mandra, atopome co teu cambio de enderezo, mais, non me furrula. ¿Está ben posto?
      Apertas.

      Eliminar