martes, 23 de abril de 2013

A Mezquita, Formigoso e a burra descansada.







 Levaba xa mais de dúas semanas con dores nos ouvidos. O médico, Don Santiago, facía o que podia, según él, pouco podia facer pous no sabía como arranxalo.
 As dores seguian, e co tempo empezou unha xordeira galopante. Xa case non escoitaba berros cercanos.
 O médico atopou unha escusa: A xordeira era hereditaria. Xa o avó era xordo.
 Tanto a nai como o pai non se conformaban coas lerias do médico da aviñanza. Inda non habia seguridade social.
 Falábase, daquela, que na Mezquita habia un novo “practicante” que solucionaba case todolos  problemas.
 Nun dia de feira, na Mezquita as feiras son os días 5 e 19 de cada mes, escanchados nunha burra, fíxose o camiño desde San Cibrao hasta a Mequita. Cuatro leguas, según os cálculos dos homes que cada feira ian e viñan co ánimo de vender algunha res. Moitas das veces ian coa vaca pola mañá e voltaban con ela pola noite. Non houbera sorte.
 Pra chegar a Mezquita, pasábase, por Castromil, polo barrio castelán e polo barrio galego, seguiase pola vella calzada roman, mais ben os restos, e pasabase polo medio do medio do Castelo de Formigoso, no termo de Santigoso. Daquela inda se albiscaban algúns resto de chabolos circulares, que según os arqueólogos foran dos poboados prerromanos. Seguramente a tribu dos Zoelas, que habitaran as comarcas de Tras os Montes, a Xeabra e as Frieiras. A referencia destes poboadores está marcada nos chantos de Chaves, na veciña Portugal.
 Co gallo das feiras, adoitában os veciños do Val do Tuela, averiguar quen ia a feira, e facianlle os seus encargos.
 Decian de un home que ia moito a feira da Mezquita, que tiña unha boa burra, que sempre le facian encargos de cousas. O bon home para non esquecerse pedia que o encargo lo fixeran por escrito nun papel. Pola noite, cando preparaba a viaxe, collía os papeliños coas demandas, púñale enriba do papeliño as moedas que le deran para mercar as cousas, e unha vez dispostos, soplaba sobre a mesa e todos aqueles papeles que non tiñan moneda enriba, voaban da mesa. Enton o feirante rosmaba: encargos sen diñeiro, descanso da miña burra.
 O rapaz e o pai chegueron a Mezquita, o practicante mirou os ouvidos, e fixo a receita.
 Dalí, direitiños a botica de Don Fermín, home coñecido en toda a contorna como benefactor de todo cuanto a él se acercaba, era un boticario con todas as da lei.Díxo que aquela receita levariale un tempo facela, tiña dúbidas de se tiña todolos herbascos e demais cousas para facer a méciña.
 O pai cando volvian pola pócima, ia algo acollonado, polo que podia cobrar o boticario.Temor infundado pous o bon de Don Fermín determinou que aquelo non era nada. ¡Solo fixera uso de uns herbascos!, según él.
 En menos de unha semana os ouvidos deixeron de doer, e recuperou a audición. Tamén aquel infante, viu por primeira vez un poboado, dos nosos antepasados, moi antergo, moi antergo, según todolos veciños da comarca. É un dos poucos poboados, da época seguramente do ferro, con doble foxo defensivo e pedras fincadas pola parte de arriba.
 Unha pequena homenaxe a Don Fermín!, e o Practicante, que coido que eran parentres.
 Munto obrigado

5 comentarios:

  1. O mellor mensaxe da historia: encargos sen diñeiro, descanso da miña burra. Segue a valer, maís en tempos de crise. Non adiantes nada se non queres perder os cartos.
    Apertas, Xabrés.

    ResponderEliminar
  2. ¡Ë menos se o que te pide os cartos por anticipado é algún organismos oficial, pudera ser que non le chegueran o partido de turno para rechear sobres.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Qué mundo tan perto e tan lonxe! Daquela todo se facía con lentitude, Xabres. Galicia era intransitable. Veña montañas,veña curvas! E as feiras eran coma hoxe o supermercado jaja. Os médicos eran os curandeiros.
    Unha ledicia lerte.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume o sistema que tiña o feirante para decidir o descanso da burra.
    Xente como o boticario vale o seu peo en ouro.

    ResponderEliminar
  5. " O seu peso en ouro ", quero dicir.

    ResponderEliminar