domingo, 21 de abril de 2013

OS LUMIACOS.



 Vai pra unha semana, mais ou menos, que estiven a falar coa miña amiga Nemesia Lubián Lubián de Lubián.
 Non é motivo da conversa mantida pos nos, agora.
 Na conversa, despous de preguntarnos pola familia leriemos de outras moitas cousas, e nun momento determinado a Nemesia deixou caer a preocupación que ela tiña naquel intre.
 Espetoumo, así sen dó e sen "anestesia" previa: ¡ Hai meniño, vain-nos saír lumiacos, se non para de chover.
 Xa ía un feixe de tempo que eu no escoitaba esta verba.
 Acordeime dos lumiacos que había na escarallada Fonte do Souto. Lumiacos nos que adoitaban esconderse os cágados, cada vez que os rapaces tentábamos agarralos.
 Había lumiacos tamén ca caldeira do Muíño do Carrizal, no seu. paso polo Freixoeiro, xunto coas oucas, amorosiñas e rindeiras nas que tamén adoitaban acubillarse os alevins de trutas, aquelas negras, que os vellos do lugar nomeaban como "tizois". Trutas pequiniñas de tres ou catro centímetros, e que de boas a primeiras fuxían pra debaixo das oucas e dos lumiacos, cada vez que tentábamos collelas, espantando o mesmo tempo as ras que po alí andaban.
 Noutra ocasión falaremos dos estornillos que criaban nos castañeiros da beira da caldeira, deixaban as súas cagadas na barrela das mulleres. Esta barrela tamén seria cousa de falar dela, pous era unha maneira de lavar a roupa, con cinza e auga.
 Quede aiquí constancia da existencia dos LUMIACOS.  Despous de un tempo, con ledicia, entereime que ós de Lubián non le saíran lumiacos nos pés.
 ¡Unha aperta Nemesia!

4 comentarios:

  1. Nin lumiacos, nin nomeacos ou nomiacos, como lles chamamos sempre na miña casa; ninguna destas verbas aparece no gran xerais; seguro que hai unha palabra galega, ou moitas máis; pero as nosas merecen o mesmo respecto e o recordo dos que veñan detrás. Co bo tempo, se é que por fin ven, os nomiacos deberán retirarse

    ResponderEliminar
  2. Non che sei,Xavier, o nome correcto. Os da miña xeración, polo menos fonéticamente chmábamolle así. Seña como queira ahí esta o palabro. Se non está no Xerais dame o mesmo. Pensa que ese diccionario fíxoe estando eu e Xerais e sendo Luis Mariño o editor, e o mellor entre os dous e os autores, puidemos meternos no corpo uns cantos canecos de mais.
    Unha paerta.

    ResponderEliminar
  3. Condenado tiven que mirar no google a ver qué eran jajaja
    Aperta, Xabres.

    ResponderEliminar
  4. A ver Ohma; poño "palabros", que eu coñezo, da zona da Xeabra de fala galega mesturada coa fala portuguesa.
    Lumiaco ven no Dicionário da academia española, con definición de babosa. Ainda que non o pareza, ten certa relación de tipo, por decilo así, "familiar", porque en definitiva son seres con moita relación coa auga escesiva.
    Solo pretendo deixar constancia, de un uso de unha verba, que xa case que naide a recorda como tal.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar