sábado, 13 de abril de 2013

XURELOS O FORNO



 Queridos amigos, chega a época na que os peixes empezan a estar no seu mellor momento e sazón.
 Non tódolos peixes están en sazón agora, mais sí os considerados de pobres por ser baratos. Xa Casteleao falou das sardiñas e do que seria no caso da súa escaseza.
 Benditos sexan eses peixiños, e deus nolos achegue nesta época hasta que  deixen de deitar a graxiña na codia de pan que os debe acompañar con unha boa xerra de viño.
 Hoxe tocoume a min facer parte da compra. Son o especialista da casa en peixes e carnes.
Fun o mercado municipal de Teis,  a falar co meu amigo e abastecedor de peixe Don Roberto.
 Tiña uns xurelos de catrocentos ou quinientos gramos, que estaban a dicir:¡Lévame!.
 Merquei dous e a moza que está co meu amigo, limpoumos e rachoumos como a min me gusta para facelos ó forno.
 O resultado tédelo na fotografía que, aínda que solo sexa para alporizarvos os xugos gástricos, poño o principio.
 Como me gusta compartir as cousas da boa cociña, vou escribir a receita que mais me gusta, a cal me traspasou a meu amigo o dono do restaurante A Oca, tamén de Teis.
 A receita:
 Cos xurelos abertos e limpos, sélanse na plancha a toda leche, pola parte contraria a pel, durante un par de minutos. A continuación colócanse nunha cazola de forno coa pel en contacto coa mesma, e dicir co selado hacia arriba, un chisquiño de sal, moi pouco, e metese no forno, quentado previamente o máximo, 280º no meu caso.
 Cando se considere que están no seu punto, isto dependerá se vos gustan pouco ou ben pasados, sácanse do forno, e emplátanse. E imprescindible, unha vez no plato, deitarle un chorriño de aceite de oliva virgen, tamén dependendo do sabor que mais nos guste do aceite.
 Unha vez limpo de espiñas ¡A comer!.
 No noso caso foron acompañados por unhas patatas “a lo pobre” e unha ensalada aliñada con aceite de oliva virxe e vinagre balsámico.
 Podo dicirvos que comimos, seguramente mellor do que comían os curas da tempos atrás, a carón das súas barraganas.
 Con esta entrada, vou iniciar unha serie de receitas feitas por min e pola miña xefa, se algunha vez probais contádeme o resultado, e se invitades “miel sobre hojuelas”, chamarei a estas entradas: As receitas do Balel.
 Bon apetit.

2 comentarios:

  1. Dame a espiña que es bo cociñeiro, :)
    Pois ánimo a por receitas por aqui. Polo pronto xa me diches gañas de mercar os xurelos, jejeje.
    Aperta forte.

    ResponderEliminar
  2. ¡Pues tienen una pinta tremenda! Casi me parece olerlos. Probaré esta receta (y las que pongas) y ya te contaré.
    Tú ya sabes, aquí en mi zona de Sanabria el jurel en escabeche (el chicharro de tino) era casi obligado.
    Abrazos, Xabres

    ResponderEliminar