miércoles, 9 de septiembre de 2009

GORGOLEXOS NA PORTELA DE REBORDELO

Naquel día, meu irmán Xería e maís eu saíramos a tentar a sorte das perdices. Coma sempre algunhas tiveron moita e unhas poucas ningunha. Tres ou catro destas últimas debian estar desesperadas e cando le espirremos, simplemente tomeron a decisión de suicidarse contra os chumbos.
Pola mañá bastante cedo, saíramos polo Facho, atravesemos as leiras da Cruz de Pedra, pasemos pola Estante desde donde subimos as Carbuizas, a Rechouso, Veigadechuces é por si ainda non camiñéramos dabondo, por detrás do Castelo de Rebordelo cheguemos a Fraga das Ferraduras, e desde alí perseguindo unha perdis revesgada cheguemos as Bouzas donde decidimos comer a merenda.
Comimos uns chouriciños asados, bebimos a bota de viño, e chupemos un termo de café, cousa que despois nos levou a facer unha pequena tertulia, na que falémos do divino e do humano, e cando fumos calando foi aparecendo Morfeo que nos acunou, é cando viñemos en nos xa caseque era de noite, e a camiñata hasta a casa ainda daría moito de sí.
Cando cheguémos a Rebordelo xa era de noite pechada. Con paciencia e bon paso camiñemos polo camiño, apenas habia algo de resplandor da lúa, que tamén xa escomenzaba a liscar.
Cando iamos baixando polo cimo do caboco dos Corzos, os cans todos arrepiados sairon co rabo entre as patas a esconderse entre as nosa pernas.
No entendiamos aquela reacción, pois como caseque non se vía, non tíñamos nin idea do que poderia pasar. Acariñémolos, démosle ánimos e seguimos camiñando.
Cando xa chegábamos ó caboco, de repente coicidiu coa espanatada dos cais, unha especie ronquidos bastante arrepiantes ó lado de riba do carreirón. O son era unha cousa etre laio, ronquido e ira.
Calou aquelo e o silencio na noite parecia querer abrangalo todo. Era un silencio como decia Héctor meu fillo, que se escoitaba.
Miremos un para o outro e volvimos a iniciar a baixada cara o Carballal. Levávamos camiñados unha ducia de pasos cando aquelo volveo a repetirse, mais esta vez cos sonidos mezclouse unha especie de estertor, era como se un becho grande tivera problemas para respirar.
Xa con algo de canguelo no corpo camiñemos de forma decidida e rápida, crucemos pola Augüeira como lóstregos e cheguemos a casa bastante alterados, comentémos o que escoitéramos, e cheguemos a conclusión que algún porco montés, atrapado nun lazo ou nunha garduñeira, estaba morrendo alí. O día seguinte iríamos a ver que pasaba.
Madruguémos, collímos as espingardas ó lombo e encamiñémonos o cimo do caboco dos Corzos.
Cando cheguémos o lugar donde escoitéramos os sonidos a noite anterior, e non oimos nada. Mirando ó noso arredor, non conseguimos ver nada sospeitoso.
Xa cheguéramos a conclusión de que por alí non habia nada, volveu o ruido da noite anterior. Un gorgolexo arrepiante, cunha larga respiración que parecia moi dificultosa. Saia dunha matugueira de uces e xestas que habia a parte de arriba.
Agarremos as escopetas, despois de meterle balas na barriga, pois xa casi non tíñamos ningunha dúbida de que por alí había un Xabarín enguedellado.
Subimos con todas as precaución posibles, pois todo bon cazador sabe do perigoso que pode ser un porco montés ferido .. .
Repetiuse o ronquido, xa diante caseque de nós, é no vimos nada. O chungo do asunto era que xusto onde saían os ronquidos, as uces non eran grandes e casi se via o chan.
Estábamos nesas, e os cais detrás de nos, ainda que bastante calmados, cando volveu a repetirse o sornapo. Daquela parecía que tamén habia un pequeno son metálico.
Imaxínade o cadro: dous cazadores coas armas en “prevengan”, apuntando a unas pequenas uces das que saian uns sons extraños. Mirémos un para o outro, é xa con cara de coña, baixémolas espingardas e acerquémonos a contemplar a tapadeira de un rexistro da traida da auga de Rebordelo. Pola razón que fora, as tuberías colleran aire e de cando en vez, éste saía por alí, algunha veces con tanta forza que facía mover a tampa de ferro.

3 comentarios: