
Era un dia de inverno, daqueles días de Val dos Marcos, donde todo se queixaba do friu.
Un castañeiro, en segundo término, elevaba ó ceo as súas gallas, como implorando que a friaxe acabéra.
Os castañeiros detrás do implorante parece que seguian as preces do primeiro, non en vano éste era o mais cercano a Igrexa. Daquela ainda non se puxera de moda que os Kikos fóran ministros parlantes, pondo as comas e os puntos o chou.
A terra tamén parece que tremaba polo frío, pois vése totalmente triste é sen pizca de poulo.
Outra característica é a de que, inda o asfalto non cheguera a zona. Faltaban polo menos trinta anos para que sucedera.
Naquel dia calquera de inverno, un pobre Carpinteiro, estaba a punto de ser axusticiado, por cantar diante do axuntamento, aquela famosa copla de Angelillo, que decia: “Ay, Mariy Cruz ¡”., porque nun verso decía que lle dera na boca un beso.
Apareceu por alí a parella de Carabineros, e ian levalo xa preso.
O pobre so tivo tempo de por a súa chqueta enrugada, eso sí gorra das festas é a cara de coña que o caracterizaba, como se as cousas deste mundo non fosen con él.
Salvouse do garrote vil, porque os amigos fixeron todo para que a cousa non fóse a mores. O Modesto, o Manolo e o César vestidos de gala intercederon por él, para que o soltaran.
Oubo unha pequena ameaza ó crego, no senso de que o Modesto, o Pepe, é o Lias, non volverian a Sacristía a cantar nos días da festa, é esto fixo que o represente da Igrexa, tomara cartas no asunto e le ordenara ós axentes da autoridade que o soltaran, cousa que fixeron de contado.
Como proba de que o asunto acabou ben, manderon vir un home con unha máquina de retratar, e deixeron esta foto para a posteridade.
Na foto vése como as raíces dos castañeiros estan o regaño, despois da paz esconderon-nas de novo. ¡Era a súa maneira de implorar!.
Co tempo os dous primeiros castañeiros foron sacrificados por mor do progreso, o primeiro estaría casi no medio da curva, e o segundo inda ten as raíce ó aire, no mesmo lugar onde se criera.
¡Unha forte aperta a todos os da foto!.
Como dicía o outro, ¡quen esperaba esto? Fermosa forma de recuperar a memoria histórica. Por sorte, sen que o sangue chegase ó río. Os actuais non son moi alá, pero aqueles si que eran tempos escuros, de longa noite de pedra. Os amigos sempre son impagables, e con armas vocais para presionar, aínda mellor. Xa tomei a libertade de gardar a foto. Grazas.
ResponderEliminarDaquela teu pai ainda estaba solteiro. Ainda que pareza mentira era unha verdadeira noite de pedra, na que normalmente xuntábanse a fame coas ganas de comer
ResponderEliminar