viernes, 11 de septiembre de 2009

ESTABA PROHIBIDO ALGÚN TIPO DE CANTIGA



Era un dia de inverno, daqueles días de Val dos Marcos, donde todo se queixaba do friu.
Un castañeiro, en segundo término, elevaba ó ceo as súas gallas, como implorando que a friaxe acabéra.
Os castañeiros detrás do implorante parece que seguian as preces do primeiro, non en vano éste era o mais cercano a Igrexa. Daquela ainda non se puxera de moda que os Kikos fóran ministros parlantes, pondo as comas e os puntos o chou.
A terra tamén parece que tremaba polo frío, pois vése totalmente triste é sen pizca de poulo.
Outra característica é a de que, inda o asfalto non cheguera a zona. Faltaban polo menos trinta anos para que sucedera.
Naquel dia calquera de inverno, un pobre Carpinteiro, estaba a punto de ser axusticiado, por cantar diante do axuntamento, aquela famosa copla de Angelillo, que decia: “Ay, Mariy Cruz ¡”., porque nun verso decía que lle dera na boca un beso.
Apareceu por alí a parella de Carabineros, e ian levalo xa preso.
O pobre so tivo tempo de por a súa chqueta enrugada, eso sí gorra das festas é a cara de coña que o caracterizaba, como se as cousas deste mundo non fosen con él.
Salvouse do garrote vil, porque os amigos fixeron todo para que a cousa non fóse a mores. O Modesto, o Manolo e o César vestidos de gala intercederon por él, para que o soltaran.
Oubo unha pequena ameaza ó crego, no senso de que o Modesto, o Pepe, é o Lias, non volverian a Sacristía a cantar nos días da festa, é esto fixo que o represente da Igrexa, tomara cartas no asunto e le ordenara ós axentes da autoridade que o soltaran, cousa que fixeron de contado.
Como proba de que o asunto acabou ben, manderon vir un home con unha máquina de retratar, e deixeron esta foto para a posteridade.
Na foto vése como as raíces dos castañeiros estan o regaño, despois da paz esconderon-nas de novo. ¡Era a súa maneira de implorar!.
Co tempo os dous primeiros castañeiros foron sacrificados por mor do progreso, o primeiro estaría casi no medio da curva, e o segundo inda ten as raíce ó aire, no mesmo lugar onde se criera.
¡Unha forte aperta a todos os da foto!.

2 comentarios:

  1. Como dicía o outro, ¡quen esperaba esto? Fermosa forma de recuperar a memoria histórica. Por sorte, sen que o sangue chegase ó río. Os actuais non son moi alá, pero aqueles si que eran tempos escuros, de longa noite de pedra. Os amigos sempre son impagables, e con armas vocais para presionar, aínda mellor. Xa tomei a libertade de gardar a foto. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Daquela teu pai ainda estaba solteiro. Ainda que pareza mentira era unha verdadeira noite de pedra, na que normalmente xuntábanse a fame coas ganas de comer

    ResponderEliminar