viernes, 8 de octubre de 2010

¿SERÁ POR P ERGUIZA?


A PERGUIZA

O pais era unha tertulia. Non se falaba de outra cousa. Tanto nos medios de comunicación como nos bares, incluso os pastores de todo tipo de gando, os pescadores, os agricultores, albañiles e demais oficios, que manteñen ós seus propietarios  a base traballar como burros.
 Non quero esquecer a todos os que se ganan a vida despous de pasar por aulas universitárias, seminários e concellos de menos de tres mil habitantes.
 A tertulia fervía. Todos sabian quén era o culpable da crise. Todos decian que habia que arreglalo. Todos decian que habia que sacrificarse se neceserio fose.Todos estaban en que, os governos eran os que tiñan que arreglalo, pois eran os únicos que podian.
 Subiu a unha tribuna, un home. Era un home, que polo visto tiña moita experiencia, asesorera a grandes presidentes, a grandes empresários, en definitiva a casi todos aqueles que, de un xeito ou de outro, meteran o mundo no lio no que estaba.
 No seu curriculum, constaba a súa renuncia a todo emolumento polos seus consellos a toda aquela xente, pois o que él aconsellera, estaban-o a facer xusto o reves do que aconsellera.
 Cando o balbordo esperou, por aquelo de escoitar ó orador, éste, despous de facer unha pausa, antes de escomenzar e mirar o seu arredor, con voz grave e solemne dixo:
 “ Temos, nos, a posibilidade de arreglar este desaguisado. Solo temos que revelarnos contra todo o sistema. Sacrificarnos os uns polos outros. En definitiva obligar ós dirixentes do sistema a cambialo, e se non queren, quitálos de ahí, e facelo nos. Se o facemos temos que ser conscientes do que nos xogamos.A cousa pode ir para largo, haberá que facer moitos sacrifícios. Quedarán feridos no camiño,pero o futuro, polo menos dos nosos fillos será moito mellor que o noso nestes intres se esto vai a mais, que irá. Non debemos olvidarnos que esto ainda vai air a peor, por moito que agora non sexamos capaces de velo.”
 Unha vez acabado o discurso daquel home, que xa peinaba canas, tiña barba longa e branca, mirada firme serena e “certa”, a xente escomenzou a deixar a tertulia, e cada un liscando pola sua banda, sempre cunha disculpa nos beizos : Eu teño fillos, eu teño hipoteca, eu teño unha pequena pensión, eu teño un choio na administración, eu son funcionario, eu son un pastor, eu son un labrego, eu son letrado e teño subvencións, eu son ..eu son..eu son. Teño pouco, apañame con pouco, o mellor quedo se nada.
 Cando todos lisqueron, e quedou solo o vello orador, no fondo nun curruncho escuro, estaba medio adormilado un home vestido de maneira humilde, con cara de felicidade, e que parecia non ter ningún problema.
 ¿Qué, ti non liscas, tes algo perder ou non tes problemas?- díxole o orador.
 ¡Non, que va!, respostou o rezagado-Eu non teño nada, vivo do que traballo. Vivo regular pero vivo. O que pasa que teño demasiada perguiza, para movilizarme para que eses que liscan vivan mellor. ¿Se eles non o queren, quen son eu para levarles a contra?.



No hay comentarios:

Publicar un comentario