jueves, 14 de octubre de 2010

¿QUEN QUEIMABA OS MONTES?


Ardían os montes. Era no mes de Agosto.Alcalde e garda civil obligaban a todo aquel que tiña algo de forza a enfrontarse o lume. Todo aquel que se negaba era obligado.
 Un mozo, nun mmento negouse a acercarse. Era perigoso. As lapas eran moi grandes, o vento cambiante, o risco era evidente.
 O mozo non so se negou, senon que animou o resto dos paisanos a  no arriscarse. Ardía monte baixo, e non merecia a pena arriscar  ningunha persoa, pois os fogos acabanse apagando, os mortos non resucitan.
 Un garda civil enfrontouse o mozo, este teimou en non arrimarse o lume, e o garda ofreceulle un par de ostias.
 O mozo respostou que si tiña un par que las dera, mais que él ia devolvelas. O asunto rematou cando o xefe do garda le ordenou calar, e que se fora a outra banda do lume a avisar a xente retirada.
 Iniciouse unha investigación por parte da guarda civil, para averiguar que púxera lume ó monte. Un dos encargados foi o garda amigo de ordenar os demais o que tiñana que facer.
 Detuveron a un desgraciado, que aparte de pobre era tamén algo retrasado. Chamabanle “O Remelón”, pola maneira que tiña de abrir os ollos.
 Según se soupo, constaba na investigación, que na investigación ante as intelientes preguntas do garda ordenador os demais, o Remelón dixo que fora él o autor do lume
 Unha vez detido o Remelón, foi trasladado o castelo de Puebla de Sanabria, onde daquela se metián os detidos hasta que o xuiz decidia facerle un xuicio.
 O noso amigo Remelón, como está dito era pobre, tamén un chisco curto de entendedeiras, cousa que non fora óbice para ser movilizado na guerra civil do 36, onde unha explosión parece que le incrustou metralla na cabeza. Xa estaba acabado de escarallar psiquicamente.
 Daquela quedera a teima de levar, traer, e organizar “servicios” militares, sempre seguindo ordes dun superior, que si se le preguntaba quen era él sempre decia “aquel”.
 Chegou o dia do xuicio. Presentes estaban os dou guardas que detuveran o Remelón e éste mesmo.
 Entra o xuiz, chama o inculpado e preguntale se sabe porque está alí, cousa a que o noso amigo resposta: “Por orden da superioridade”.
 O Xuiz mosquease, e teima a preguntar: ¿Fue usted el que prendió el fuego?-Respuesta: Sí.
 A ver, hombre, ¿para qué prendio fuego al monte? –Respuesta: ¡Para velo ardeeer!
 Entonces o xuiz, atizando un martelazo no estrado e dirixindose os gardas civiles  dixo:
 ¡Lleven a este hombre a su procedencia, y den gracias por no quedar ustedes aquí, en el Castillo! La proxima vez investiguen antes de forzar una mente débil.
 Creo que eso, hoxe seria impensable. Unha razón fundamental é que non hai gardas civiles en Val dos Marcos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario