miércoles, 27 de octubre de 2010

O RETORNO( RELATO INCRIBLE)

          CAPITULO I (Continuación)

……. Mentras camiñaba, coido que sen por ben os pés no chao, ia pensando en que desde o día que saí do hospital, as cousas decorrian de xeito pouco comprensible.
 Cheguei ó castro de Trasil seguindo o son daquela gaita. Alí estaba aquel gaiteiro, non era unha gaita, era un punteiro de palleta, e sopraba directamente sobre ela. Despous descubrín que aquela punteira era de urz, furada cun ferro candente con distinto grosor, que era o que le daba aquela tonalidade tan agarimosa. Foi cuando acabaou de tocar e nos puxemos á léria os dous.Tamén dixo que desde tempos que xa nin recordaba él era o encargado de dar a benvida a todo aquel que se acercaba a a Val dos Marcos. Habia quen o escoitaba e quen non.
 Preguntou a razón pola que eu estaba alí, e dixenle que andaba a procura dos meus ancestros e tamén buscando un lugar tranquilo onde fixar definitivamente a morada.
 Dixo que non podia axudarme en nada, mais que, debia buscar pola beira do rio, onde, en tempos, tiña a residencia unha fada. Era a única que podía decirme algo. Levaba, a fada alí, desde antes de que o pobo ó fora.
 Despediuse de min, e cóa súa punteira liscou cara o caboco de Pombariño, que daquela era unha maraña de vidueiras, salgueiros, avelairas xunto con nogueiras...... q ue se fiexeran altísimas buscando un inexiste raio de sol.
 Cando xa ia lonxe, pareceume ver que tiña un corpo extrano, e incluso unhas pequenas orelliñas. Quedei cabilando, pois asemellouseme demasiado a un encantodos bosuqes. Non sei, estaban a suceder cousas non normais. Serian os efectos daquela potente méciña contra os intensos dolores, despous daquel desastre. Recordo que, naquel país o outro lado do charco, habia guerra, tamén foi asolado por un terremoto. Fumos voluntários a reconstruir un poboado, escolas, e unha ponte no medio da aldea xusto o lado das escolas. Cando se ian a inagurar pasou algo que son incapaza de recordar.
 Baixei pobo abaixo camiño da mina da Veiga, lugar no que eu sabia da moradía daquela princesa de mais de dous mil anos de antigüedade, que fora desterrada as Hespérides.
 Aquela princesa, que todos coñecian como a Bruxa da Veiga, solo fora vista unha vez no último século polo ti Alexadre, un home sabio procedente de o Monte Outo.Atopeino durante uns segundos onde a figueira na que queria ser colgado cando deixera de fumar. Con acenos doume a entender que non le tivera medo, pous do contrário non falaria conmigo, él xa aprendera eso.
 Cuando desapareceu, decateime que, no cimo da Faceiriña andaba unha persoa vestida de cura flaxelandose e laiandose porque, decia, sempre fixera o contrário daquelo que le predicaba os seus feligreses. Decia que tiña que falar con todos para que le perdoaran pois do contrário estaría sempre dando voltas hasto fin dos séculos, e eso era demasiado tempo. Inda non atopera a ningún. Detrás del pareceume ver a outro flaxelante, que me pareceu coñecer. Tamén parecia un deses seres que están sempre por enriba dos demais. Coñeciao, seguro, mais no conseguía porle nome nin lugar no espacio.
 Coa ánsia de localizar algo sore os meus antepasados, xa non me decacataba da persistencia da néboa nin de que levaba moito tempo sen ver o sol.
 Tamén tiña a sensación de que estaba metido nun mundo non real. se o pensaba ben, ia moito tempo que non falaba de xeito normal con naide. Tamén estaba a punto de acabárseme  a comida do cabalo. Coido que non era moi importante, pois por calquer sitio él atopaba comida dabondo.Chovia a chuzos, a estrada que chegaba a ponte estaba “agruyerada” e con parches de chapas de ferro.
 Habia na entrada da ponte un camión. Uns homes, mais ben rapaces, estaban-o a cargar, baixo as ordes de un mangallón forte e mal encarado. Nin o ouro que levaba o pescozo e nos dedos, facian que se dulcificara a sua imaxe. Non tiña látigo, non le facía falta. Solo con mirarle a faciana e escoitar a súa voz, facía que a un le entreran ganas de liscar.
 Os operarios estaban apilando no camión toradas de madeira. Puñan-as seguindo as ordes de aquel mangallón con pinta de renegado. Ian facendo unha pirámide depositando os paus o largo da caixa á que rebasaban, pous eran mais longas.
 Ante as insistentes ordes do badulaque, fixeron que a altura da pirámide fose exceriva. Mirando aquelo pensaba no desastre que podia ser, sé se desmoronaba. Tentei decirlo o mandamais  que non me fixo ningún caso.Foi como se non oira nin me vira.
 Algo angustiado, mirei o meu arredor, cando me decatei que o meu lado estaba a Fada da Veiga.
 Mirei para ela de xeito implorante e ela encolleuse de hombros
-         ¿Non podemos facer nada?-dixenle- ¡Vai caer eso e esmagar eses rapaces!
-         ¡Xa pasou, non hai nada que facer!
-         Eu viña falar con vostede, queria preguntarle polos meus ancestros- dixen, xusto no momento no que aquela pirámide se esborrallaba pros lados machacando-os a todos.
-         Pasa todolos días o mesmo- dixo a meiga-estan a pagar unha débeda. Agora teño presa, volve mañá e falamos.
-         ………….



2 comentarios:

  1. Todo un "Bosque animado"... me gusta, mucho.
    Saludos, Xabres

    ResponderEliminar
  2. Gracias Xibelius. Solo es un antretenimiento, con Sanabria como fondo.
    Este "finde"estaré por San Cirpián. Hay que charlar de vez en cuando con nuestros muertos.También hay que saludar a algún conejo.
    Un saludo.

    ResponderEliminar