lunes, 29 de noviembre de 2010

A CAZA POLA XEABRA É ASÍ,.... AS VECES


                        Foto, so pra dar envidia.

Erguinme as nove da mañá. Debia facer unha pouca leña, prender a cociña e facer café.
 Cando baixei a cociña, e abrin a porta para ir a aira ó sequeiro a rachar uns cachos de carballo, deime de bruces cunha xeada, que no primeiro momento pensei que era unha nevada. Despous de rachar a leña, facer lume e por auga a ferver para o café, acerqueime ó coche, e o termómetro tiña un -5º, que invitaba a volver a cama e deixarse estar alí todo o dia.
 Un home é un home, pensei, e de tiús con frio nunca se falou nada. Acabei o xexún, metín a merenda no morral, sen olvidarme dun termo de café ben quentiño, e despous de recoller as cadelas na casa de meu primo, iniciei o dia cinegético número catro desta tempada..
 Subin por Trasil pola beira do despósito da auga, hacia o Carballal, pois tiña a intuición de que por alí tiñan que estar as perdices.
 Antes de chegar o  Carballal polo camiño da auga, as cadelas metéronse na parte de abaixo do camiño e fixeron subir ó camiño a dúascorzas preciosas. Instintivamene púxen a escopeta a cara, e casi o mesmo tempo baixeina. Eran dúas femias preciosas, seguramente nai e filla. Chamei polas cadelas, e non deixei que seguiran detrás delas.
 Subí o Castro do Facho, lugar querencioso das perdices, mais de novo as cadelas botéron da caboca da Lama de Acevro outra corza. Ësta era grande e xa vella, mais eso non le quitaba fermosura. Subiu polo Ladeairo arriba, ensinandome o rosetón blanco da súa traseira cada vez que daba un brinco.
 Crucei as leiras dos Colmeares, onde de novo sairon, esta vez  tres corzas, que do susto que tiñan, en menos de un minuto trespuxeron na purtela das Carbuizas.
 Crucei desde as leiras da Cruz de Pedra as do Coballón. O pasar por aquel monte que agora se adueñou do lugar,  por precaución, paseile o seguro a escopeta, por si era o caso.
 O chegar a Estante, no que é coñecido como a leira dos Froles, entrou a cadela pequena nas xestas, e eu xa mas prometia felices, pois é terra de coellos. Engatei os restos da parede da leira mirando as andanzas da cadela, esperando que ó lapé asomera os fuciños. Cando estaba nesas xusto por debaixo de min, levantéronse unha decena de perdices.Na miña mente xa tiña dúas no morral, mais cando fún a disparar, ¡Oh carballo!, a escopeta seguia no seguro. Cando lo saquei, a perdiz mais cercana a min xa estaba casi no Penedo Mourón.
 Xa eran as dúas da trade, tiña fame, e alí mesmo, nunha carqueixa asei uns chourizos, e un cacho de xamón con algo de gordo. Aquelo estaba de rechupete, xunto con un traguiño de Albariño que levaba, deime un banquete daqueles de antes. Rematouno casi medio termo de café, que por certo estaba inda queimando.
 Despous baixei pola Cabeza das Fontes hasta os prados do Carruceiro, donde volvi a ver un par de corzas, crucei no Poulo dos Mexacais hacia o Bedulo. Cando estaba no prado do meu amigo Eloy (qepd), do que queda do prado do ti Dario, saíron seis corzas mais que lisqueron polas Cegudas camiño do Lombeirón.
 Tomei a decisión de regresar a casa, pois eu aquel día saira as perdices, e o parecer, por alí xa solo quedan corzos e porcos monteses dos que falaremos noutra ocasión.
 Cando chegueir a casa, a Angela e mais eu metímonos o corpo unas fabas guisadas con lepiotas e boletus edulis, que xunto co calor que habia na casa, fixeron que non saíramos dali hasta a hora de olver a Vigo.
 Por certo, pesia  xeada, inda hai mazás por trasil. Un pouco xeadas eso sí.

2 comentarios:

  1. aINDA QUE NON O CREAS ASI PODERIA SER. E NON VEXAS A CANTIDADE DE PIARAS DE PORCO MONTES QUE SE PODERIAM FACER

    ResponderEliminar