martes, 23 de noviembre de 2010

CONTO PARA LEO O NENO QUE XA DEBUXA BEN

                         A gatiña que dormia coa Linda.





 Habia unha vez, nun lugar da Raia seca chamado Val dos Marcos, unha cadela de raza “palleiro”.
 Os cans de raza palleiro son aqueles que ninguén quere porque non teñen “pedigri”, e decir que son de casta baixa, nin ricos nin bonitos, só son cans.
 Aquela cadela tiña uns donos os que qeria moito, pois recollerana cando era pequerrechiña, coiderana e deranle moito cariño e agarimo.
 A cadeliña deitábase no cimo da escaleira, para defender a porta, que non entrera ninguén sen permiso. Ia  e viña cos nenos a escola, defendiaos de outros cans malosos, vollvia a casa a defender a escaleira e acopañaba a dona a fonte a por auga, ó dono acompañabao a pallarega cando ia por comidapara as vaquiñas, e así todo o dia.
 Pola noite dormia nun cesto xunto coa gatiña, e cun porco pisco que se quedera orfo de pequeniño.
 Unha vez foi cos donos o monte, ian por leña para a cociña. Corteron a leña coa machada, meterona no carro e volteron para a casa.
 Cuando chegueron a casa e cando xa era noite, os donos deronse conta que a cadeliña, que se chamaba “Linda”, non estaba.
Busquerona por todo o pobo, mais non apareceu, e o peor foi que ninguén deu razón de habela ollado.
 Pasaron tres dias e a Linda non apareceo pola casa. Penseron no peor, seguramente o dia que foran a leña, nun descuido, apareceu o lobo e “papouna”.
 Os nenos choreron, e os grandes tiveron pena.
 No terceiro dia,cando outro home ia o monte a por leña, os donos de Linda, dixérole que, se facia o favor, les trouxera a machada e un chaqueto, que se les olvidera alá.
 Pola noite cando chegou, o segundo leñador, a o pobo, foi a casa dos donos de Linda e díxoles :
-         Non vos pude traer a machada e o chaqueto, pois estaba a Linda a guardalos, e non me deixou nin acercarme.
 Aquela mesma noite o amo da Linda foi buscala, trouxoa para a casa, e os nenos fiqueron tan ledos, que aquela noitiña non durmiron
 A Linda foi a reina da casa toda a noite.

4 comentarios:

  1. Este tamén me soa un pouco. Moi ben "aderezado". Gustoume moito.

    ResponderEliminar
  2. -No outro habia nomes a apelidos.
    Alédome de que te gostara

    ResponderEliminar
  3. Contareillo mañá ao Leo,graciñas.
    Só dicirche que iso mesmo lle aconteceu a un compañeiro de traballo cun can que tiña.
    Graciñas outra vez.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo: espero que me digas se le gosta a Leo.
    Apertas.

    ResponderEliminar