martes, 16 de noviembre de 2010

SGUNDO RAID DE CAZA.

                                                   Arco da Vella en Rañalobos

 Fin de semana no Val do Tuela, concretamente en Val dos Marcos.
 Tal e como xa se via vir, a perdiz, esquiva, amiga e enemiga, mellor dito o eneemigo coido que son eu, por fin tomou a decisión de emigrar. Pediu asilo cinegético pola zona de Tras os Montes. Creo que non parou na Moimenta, pois foi vista por última vez no alto da Coroa, na parte do mais alto, por enriba de Montouto.
 Que non se fie moito, pois os seguidores de Nembrote, en Portugal afinan ben, e os podencos dalí son do mellorciño.
 Nesta vez a meteoroloxia, portouse ben con nos. O domingo amañeceo regulin, e polo dia adiante mellorou hasta a tardiña en que se puxo a chover de novo dando por sentado que xa acabáremos de botar fóra de España a aquela perdiz.
 Noutro orden de cousas direivos que o luns en medio de un chisco de auga-neve, estuve sementando uns allos na Porteliña, e unhas cebolas de inverno.
 Espero que se den ben e que poda facer un bo all-i-oli, para untar algún lepórido na próxima tempada, e enzebolar algún figado de porco montés.
 Cuando volvia para a casa, dediqueime a roubar o meu amugo Loro. Vereis: nunha mazaira que ten o lado da pallarega, o chan estaba astrado de unhas magníficas mazás da clase Golden.
¡Deus meu, canto froito destas caracteísticas se estraga, por non recollelo!
 Xa sabes,Xabier, se notas en falta algunha mazá, non le votes a culpa a ninguén. Terei que indemnizarte, con un grolo de mais daquel brebaxe que estamos a preparar a medias, está tomando unhas boas maneiras e pronto poderemos repartilo.
 Nese fin de semana a neve fixo acto de presencia polo Montemuga, a con bastante mais intensidade na serra de Chaos e Lubián, parece que o inverno vai ser duro, espero que a xente que inverna por alí, teña unha boa provisión de torgos e rachos de carballo, que envoltos coa leña de castañeiro dos que o vento desleixou, e uns bullós quentiños a carón do lume,cun grolo de aguardente, fará que o friu non se cebe demasiado nun.
 O riu Tuela, como decia meu pai, ia de monte a monte, tiña un bon sorbo. Mal ano para as maonxoeiras.

2 comentarios:

  1. Más vale que compenses a tu compadre con el brebaje, Xabres; como esté esperando por la perdiz... :)
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Xibelius: Estás invitado a catar "o xarope", cuando se haga el reparto.
    Si el "invento" sale bien será repetido.
    Unha aperta

    ResponderEliminar