jueves, 13 de enero de 2011

A GATIÑA CAGONA


 Hoxe quérovos contar unha história que me acacéo a min, e que solo a recordo a través de miña avoa que ma contou algunha vez.
 Aproveitarei para facer un chisco de patria pequena, como é a quela onde un naceu, aínda que a naide se le escapa onde o fixen eu, pois presumo delo, e tamén de ter dúas patrias, e con un chisco de orgullo pódome achegar a catro.
 Explicome: A mai de meu pai era de Castrelos, a mai de miña nai procedia dun carabinero que era de Hedroso, miña mai, da Teixeira e meu pai de Hermisende, barrio de San Ciprián.Todo sen contar a ascendencia Compostelana e agora a descendencia. No quixen averiguar moito mais por modestia.
 Eu nací nese fermoso pobo que era a Teixeira, no mesmo paralelo que Montesinho, pegado a Serra Grande e no medio, casi, da Gamoneda.
 Vin éste mundo na Curralada, e ó pouco tempo parece que a familia da Tia Martina aposentouse nas Moreiriñas hasta a data actual.
 Nas Moreiriñas tiña uns veciños da miña avoa os que queria a rabiar: Era a familia do ti Pedro e a tia Xabel i a da tia Joaquina, esta última muller deume as primeiras “tetadas”, cousa o parecer normal naquela época. O meu irmán de leite é o meu amigo David, a mellor persoa que coñezo e sinxelo como él solo.
 Tamén teño que decir que, o enemigo mais grande meu daquela era a “gatiña de tia Xabel”
 A gata en cuanto me albiscaba fuxía como alma que leva o diaño, e eu teimaba agarrala para medirle o lombo co primeiro que atopera.
 Aquel “carño”, que nos tíñamos empezou nunha noite de inverno, a carón da lareira da avoa, que por aquel entonces eu chamábale “mamá”, cousa que facía que a miña mai tivera ciumes da súa.
 Daquela, no inverno, faciase o fiadeiro en casa da tia Xabel e a familia da miña avoa estaba todalas noites puntualmente alí. Tiñan unha grande  lareira rodeada por un gran escano, que por un dos lados facia de tabique co dormitório da tia Xabel e o ti Pedro.
 A casa tiña a cuberta de palla, era o que daquela se chamaba colmado, polo que facia que fora moi quentiña. Non podía ser menos, mais de medio metro de espesor de palla no cumio e a corte das vacas por debaixo xunto cunha verdadeira fogata de rachos de carballo e torgos de urz, facian que casa fose casí como un forno en época de facer pan.
 Un dos meu entretenimento, metras os grandes falaban das súas cousas, era acariñar a gata. Sentado detrás do trafugueiro nunha farrapa, a gata acomodábase no meu colo, eu acariciaba, ela ronroneaba, e moitas veces quedábamos os dous dormidos.
 Eso pasou, hasta aquela famosa tarde de inverno. Eu tivera unha conversa coa miña avoa da fiquei moi abraiado e sobre todo enfadado.  Pola noite cando cheguémos á casa do fiadeiro, a cousa foi normal hasta que a gata se acercou a min. Entonces cargado de fúria e dun tizón, aticeile un zurriagazo que casi a deslombo. A gata fuxiu, eu corrín tras dela, derramei o lume hasta que alguén me colleo e non me deixou continuar coa miña teima de desleixar a gata.
 A todo esto todos os presentes estaban atónitos co suceso, agás miña avoa, que nun canto escachaba a rir, e libroume das maus da miña nai, que andaba atareada e medirme a cara coas mesmas dela.
 Daquela aclarouse o asunto. Naquela tarde, cando miña mai me foi a dar a teta,(hai de decir que mamei casi hasta os tres anos), a miña aboa, ante a miña teima de non deixar de mamar, enzoufou a teta cun pouco de vinagre e pementón, que cando fun chupar revolveume as tripas.  Entonces díxome que a gata da tia Xabel “caguera” na teta, que non debia volver a querela. Cousa que así foi, mais a miña rabia coa gata tardou moito tempo en desaparecer, pois nadie era capaz de meterme na cabeza a realidade.
 Eu sempre decia que le quixera moito a gata, que confiaba nela, e que eu non le faria tal, éla.
 Coido que o fin a gata morreo de vella.
 ¡Un gran recordo para toda aquela xente, que xa vai moito que nos deixou.!

4 comentarios:

  1. Unha fermosa historia co esa ambientación e demáis.
    O Leo tamén tardou tempo en deixar a teta pero non houbo que valerse de pimentón nin mexo de gata.

    ResponderEliminar
  2. Xabres: gracias por compartir esta historia. ¡Joé! Me he visto en aquella cocina, el tejado de cuelmo, el ruido de las vacas debajo.
    Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Paideleo: gracias. Daquela a teta era un recurso natural. A fame da xente era moita, non en van a aqueles anos chameronse os anos da fame
    Por certo ¿Que opina Leo do meu conto? tedesme intrigado.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. Xielius: El cuelmo, era habitual por la zona, aunque la pizarra tambien era abundante, era más fria. La Tejera está a 1.100 m. sobre el nivel del mar, en invierno con las heladas, puedes suponer como se las gastaba.
    Unha apertas

    ResponderEliminar