sábado, 15 de enero de 2011

¡OS DO PARO, QUE LE DEN!


   Nesta picota deberia estar exposto algún.


¡Pensaba que era un home porque levaba pantalóns!. Non ia trabucado, pois os homes visten pantalóns.
 Os vellos de Val dos Marcos, cando falaban desto, decian: ¡Hai que vestirse polos pés!. Cando decian esto non se referian a maneira de vestirse. Antes de que as ideas cheguen a cabeza, nun mundo no que todo sai da Terra, esto non podia ser de outra maneira.
 Tamén pensaba que era un home, porque estudiera nunha universidade, certo era que fora un estrudiante bastante mediocre, mais como era dos(familia) que mandaban, un “lacayo” dopoder, xa seu pai era igual, opositou e déronle unha praza nun lugar do estado onde non se estaba mal. Casou cunha colega de choio, e vivian no mellor barrio da capital.
 Chegou a democrácia, apareceron os partidos, ese sitio onde meten nomes para rechear espacios, e se a xente bota esa lista, ¡xa está, calquer chaiñas sube como a escuma!
 Mangonea os colegas, chegou a ser cabeza de lista dun partido herdeiro dos seus, que predican a democrácia para si mesmos, agás para os demais.
 Era mediocre, pensaba qe era un home, fixéron-no presidente Habia quen decia que os pantalón los puña a súa dona. ¡Polos pés!
 Ó país iportabale un carallo, el tiña-o craro, habia que medrar, para eso era un home, e por eso levaba pantalóns.
 Dicese que un correlixionário del afrimou aquelo de “estou aiqui polos cartos”
 Deixou de presentarse, el aduxo unha cousa, pero en realidade foi por medo a que a xente, que xa o coñecia, non le votera. Non o podria resistir, seria algo que nunca asimilaría se ocorrese.
 No mundo corria unha especie de epidemia de mandamaises, de baixo nivel. Algúns eran peores que él.
 Deixeron que os especuladores se fixeran os donos do cotarro. Aproveitéronse delo
 Cobraban, naquel pais, unha pensión vitalicia de arredor de millón e medio de pesetas o mes.Solo por haber sido.
 Como non tiñan dignidade nin etica, empeceron a cobrar daqueles que mais fodian o planeta, decian que por asesorar. Eu creo que estaban a pagarle servicios prestados.
 A cousa vai en plural porque os da oposición empeceron a facer o mesmo.
 As cousas mal feitas deles mesmos, estaban a afogar a  maioria da xente, que nalgúns casos empezou a pedir que renunciaran o que cobraban do estado.
 Como todos os que van nesas listas, que chaman cerradas, son os que fan as leis non qixeron retirarle as prebendas. Podia ser que algún dia chegueran eles o mesmo.
 Outro dia atopei un porco fachendoso vestido con pantalóns. Levábaos con dignidade, pois o pasar diante dun escaparate e verse vestido así, espiuse alí mesmo, e colleo o camiño do monte.
 Deuse de conta que os habia mais porcos, con pantalóns limpos, e garabata.

5 comentarios:

  1. Cuando yo estudiaba nos explicaron que la razón de fijar unas pensiones altas a los gobernantes era para evitar que una vez dejado el cargo tuvieran que depender de los grupos de presión para ganarse el jornal.
    Si de todas maneras van a cobrar ese jornal ¿por qué la pensión?
    De perogrullo.
    Abrazos, Xabres

    ResponderEliminar
  2. xibelius: Mi manera de ver esto es la siguiente: Creo que, desde que la democracia está entre nosotros y después de treinta años, las reglas que conciernen a los politicos deberian estar claras, sobre todo en lo de sus remuneraciones.No entiendo lo de trabajar por el Pais y tener prebendas superiores al resto de los ciudadanos, es, cuando menos antitético. Nadie obliga a nadie para ser SERVIDOR PÚBLICO. Si no se remunera bien no entiendo la ansiedad por llegar al poder.
    Perdón por la perorata, pero me lo pide "mi" razón.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Quen fai a lei fai a trampa...e á viceversa.
    En fin, que pague Juan Pueblo.
    Linlle o conto ao Leo e gustoulle. Quería ver a foto da gata coa cadeliña e o porco-pisco que non sei que será. Eu díxenlle que era un porco que lle faltaba un ollo e o Leo abriu os seus de asombro. Xa ne dirás se eu estaba atinado ou o porco-pisco é un xabarín ou outro animal.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo:O Porco pisco, ou porcopisco, é un páxaro, tamén é coñecido como porquiño do rei, o nome en castelán é Petirrojo. En un páxaro moi amigo dos labradores, cando vei que alguén vai cabar no horta xa está el alá, pois o mover a terra saen vermes e él aproveita para comelos.E un páxaro moi amigo dos humans, ainda que no se deixa acercar moito.
    Dale unha aperta o Leo.

    ResponderEliminar
  5. Graciñas pola aclaración.
    Por aquí chamámoslle paporrubio a ese paxariño.

    ResponderEliminar