miércoles, 2 de noviembre de 2011

COUSAS DO ALÉN


Andaba eu polos andurriais de Val dos Marcos, polos dias de todolos santos e mais das ánimas, polos andurriais da Porteliñae cos archiperres de traballos hortelanos, cuando, de repente, doume en pensar na data na que estaba: Santos. Mes dos mortos.
 Pasou o que tiña de pasar. Mentras eu facía sucos para sementar uns allos, apareceron a carón meu unha morea de ánimas, de xente que levaba xa un feixe de anos no Alén.
 O erguer a cabeza, que tiña baixada por aquelo de seguir a raia dos sucos, vin a aquelas almiñas, sentadas todas como se estivesen dentro dun anfiteatro moderno, e todos mirando os meus esforzos por endreitar os devantitos sucos. Xa se sabe que os sucos tortos son moi feos, e logo os veciños de horta cachondeanse de un.
 Despous de facerles unha lixeira reverencia coa cabeza, deille as boas tardes, pensando que ó falar desaparecerian do xestarego, mais ¡ Saltou a sorpresa!. Responderon a coro e dixeronme que solo estaban alí, porque nos cemiterios non podian descansar co balbordo da xente que ia a porles frores de plástico nas lápidas, e competir entre eles a ver cual levaba mais trebellos raros.
 Houbo unha das ánimas que dixo, que en vida, ninguén le fixera caso, pasera fame e de velliña estivera chea de piollos sen que naide se interesera nin fixera nada por axudala. Agora, decia, as froles de “plesiglas”, podian-nas meter nalgún outro “lloc”.
 Pregunteronme pola famosa “crisis” actual, e tentei de describila desde  as miñas pequenas entendedeiras no eido.
 Resumin que, uns poucos humanos, eles mesmos ou a traverso de sociedades deles, monteran un “pifostio”, no que durante mais de duas décadas convenceron a todo cristo de que o crecemento económico era constante, e infinito o remanente das materias primas na que se sostiña a economia.
 Cando nos demos conta de que aquelo era insotible, non foi pola nosa reflexión, senon porque os “mangantes, que hasta aquela prestábanse diñeiro e dábanse creto uns os outros, empeceron a facer trampas, e chegou un momento no que naide se fiaba de naide, e destapouse todo. Logo parte da xente escomenzou a pensar, imdagar, revisar, e entre todos deronse conta do montaxe que deixaba ós pobres cada vez mais pobres e eles cada vez mais ricos. No camiño deixaban caliberas de mortos económicos.
 Preguntoume un, a ver que facian as forzas vivas. Solo le puiden contestar que a ciencia certa non o sabia mais que me parecia que aparte de un baixo nivel cultural xeral neles, vivian, a maioria, bastante ben, pois fixeran da política unha profesión rendible para eles.
 Outro preguntoume se entre a clase politica e os donos do diñeiro habia suicidios como na crisis de 1929, a maioria dos que se les descubriu o chanchullo, ou quederon arruinados, suicidabanse.
 Contesteile que de momento ningún, que eu soubera. Mais sí sabçia que o número de coches de mais de noventa mil euros estaba a cabeza das ventas de tales queimadores de recurso “FI-NI-TOS.”.
 Puxeronse todos de pé, e decindo a coro que a estupidez humana, non solo non se acabera, senón que polo que parecia aumentera.
 Coa caluga baixa, marcheron hacia o alto do Ladeairo. O dercirle eu que o sagrado estaba para o outro lado, dixeron que durante un par de dias, descansarian no monte, polo menos alí inda habia alguna queiruga con flor.

2 comentarios:

  1. Jjejejeej Deliciosa historia, Xabres.
    Quien sabe si no estaríamos mejor viajando por ahí con a santa compaña, qué demonios.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Viajar en las alas de la fantasia, sea esta del color que sea,siempre será mejor, creo, que la puñetera realidad, si es que existe la realidad.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar