lunes, 21 de enero de 2013

COUSAS DE CORUXAS, CORVOS E BRUXAS (II)

 .....continuacón...
 Foi gracias a agacharme a mirar as piaxes do xabarín, por si habia mais, ou algún raion desperdigado por ali, cuando puxen a atención nun pequeno arbusto que estaba debaixo das urces albariñas.
 Ó velo, e ver as baias que producia, de un color negro-azulado, cuando eu estaba habituado a velas de color negro-morado e mais pequenas que aquelas, deime conta de que debia de ser una arandeira. Para esplicar un pouco a miña confusión direi que as de color negro-morado, mais pequenas que as negro-azuladas que habia alí, xa as comera, e polo tanto vira, no  Rigueiro de Lagoas e un gran arandaleiro na parte norte do Pozo da Moura, xusto o lado do Castro das Muradellas.
 O atoparme con estes arandos, enpecei a fixarme no resto das herbas e arbores que me ia atopando, e direivos aiquí o que atopei no eido da flora das serras de Lubian Chaos Barxacoba e Porto. Noutro momento falaremos do resto da que hai por a Xeabra.
 Encotrei as seguintes herbvas e arbustos: Os estourotes ou dixitalis, a xanzá ou genciana, o afeto macho, o come merendas, a carpaza xabresa, a xesta negral, carqueixas que arraigan nas fragas, o piorno, o tomillo xabrés que nalgures tamén chaman santolina zamorana, valeriana, xesta de flor azul, chamada tamén genista lusitanica, berros nos cristalinos nacentes de auga, o mentrasto ou menta silvestre e de auga, e unha enorme gama de moras de silva. E un feixe mais de herbas que deixei de tomar nota por descoñece- mento e tamén por un pouco de galvana.
 Nesta parte das serras, xa empezan a escasear, a medida que se sube, or carballos. En realidade o que hai a media altura son carrascos que solo chegan o tamaño de rebolos.Hay bstantes acibros, que nun momento determinado case se dan por estinguidos, vi un teixo de escasa altura, bedulos bastantes, algunha faia que outra, nas bordas dos regueiros hai bastantes abelairas, guindeiras e zreixais silvestres ou marouviños, algún tilo  e alisos. Dos que xa era imposible atopar algún eran os negrillos ou olmos.
 Estaba xa decidido a tomar nota de todo cuanto bichexo atopera, mais fíxoseme moi tarde. Xa non tiña tempo de baixar a Chaos con luz diurna, polo que decidí buscar un lugar onde pernoctar despous de chamar polo móvil a familia decindo que me quedaba na serra.
 Nunha ocasión que estivera nunha das malladas de Lubían, vira unha choza, que aunque sin teito, podia arreglalo pondole enriba un colmo de xestas. Non seria un mal sitio para dormir unha noite. Co coitelo de monte que levaba, dediqueime a cortar xestas e piornos co fín xa descrito, e facer un camalecho medianamente decente onde deitar os doloridos ósos.
 Mentras cortaba o colmado, deixei un pequeno lume dentro da choza, co fin de que quentera un pouco o habitat, e tamén para  churruscar unhas liscas de xamón serrano mercado na aldea de Montesinho, no parque do mesmo nome, en Portugal.
 Unha vez acabado o traballo, metinme dentro do chozo a comer algo, pous levaba bastantes horas sen comer e xa lambreaba algo.
 Probei o viño da bota, que estaba moi bon e fresco e cando me dispuña a comer o xamón xa quentiño, entrou dentro da chabola unha fermosa muller que tiña na faciana como unha mirada de incredulidade, seguramente por verme alí a aquelas horas, cousa que tamén me pasaba a min con ela.
 Díxome que vira o fume que saia da chavola e que a curiosidade a levara a entrar. Según dixo, naquel paraxe non via xente desde facia moitos anos. Eu, un pouco asombrado polo que decia e deducindo que ela era unha habitual de por alí, pregunteille de onde era, se era de Barxacoba ou de Porto, pous eran as dúas aldeas mais proximas. Ela díxome que non. Que ela era da serra, pertencia a unha comunidade de mulleres que adoitaban buscar, naquela época, as herbas que habia naqueles rius, lombeiros  turbeiras e morrenas da glaciación que inda quedaban pola bisbarra.
 Eu non daba crédito a aquelo,  cuando ela, o darse conta, díxome que en realidade, ela era unha  Meiga que buscaba as herbas para facer meciñas, que despous puña a disposición dos habitantes das comarcas cercanas.
 Díxome que se queria, podia asistir, á noite seguinte a unha conferencia de Meigas que haberia na serra.
 Entonces eu pregunteille, se a bandada de coruxas que vira pola mañá, tiña algo que ver coa xuntanza. Ela dixo que non. Que unha cousa eran as Meigas e outra as bruxas que adoitaban a xuntarse todalas noites do estiu no Caneiro da Bruxas. Elas tiñan outro lugar de reunión. Se queria asistir, que estaba invitado, e que seria ela mesma a que viria a buscarme, en calquer lugar da serra, no
estivera .
 Dixenle que me encantaria, asistir, e quedou en que o dia seguinte me levaria o punto de xuntanza. Inviteina a comer algo, e agradeceumo, mais non quixo comer nada.
 Atrevinme a preguntar se as xuntanzas eran coñecidas por alguén, e dixo que non. Solo por elas e por algún invitado algunha vez.
 Dixo que no mundo das lendas e da literatura as súas xuntanzas eran coñecidas como Aquelarres. Mais que non tiñan nada que ver co que nelas se decía. Era unha das cousas que facía que me invitera, aunque seguro que o que eu dixera non seria crido por ninguén.  Despediuse de min e saiu da choza, cando me dei erguido para acompañala fora, xa non a albisquei por ningures. Foi como sé se volatilizase.
 Naquela noite, dormín como un anxo, soñei con bruxas, coruxas, e sapos. Na mañá cando saí do chabolo, no sabía se a visita de Meiga fora certa ou non.

 … continuará….

6 comentarios:

  1. Cosas de brujas es lo que me ha pasado ami...¡si! era una errata, gracias, ya la subsané. Si no me lo decís sigo soltera...jajajaja
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eso nos pasa a muchos, sobretodo a mi, por no pararme a corregir.¡Vago que es uno!.
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. Bo... bo... ti se que es un bo meigo! jaja cagho na cona.
    Dende logo se hai anos che pilla meu rapaz con eses coñecementos naturalistas non che arrea en cinco horas jaja
    Que sega a historia que eu non me canso de lerte.
    Bicos amigo Xabres.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas das miñas "caralladas", tentan dar o coñecer a Sanabria, que é moi coñecida polo frio, as portelas e o lago, pero que moi pouca xente se para a coñecela. A flora e a fauna e unha das cousas que inda están case no seu estado puro.
      E comer, comese de tupamaro. Teño entendido que nun pobo que se chama Asturianos, hai unha Adega, que según parece fai un bon viño. Cando o probe contareino por eiqui.
      Unha aperta.

      Eliminar
  3. La historia lleva un camino delicioso, Xabres. Jo... ya me gustaría a mí ser invitado en una reunión de meigas (de bruxas me daría más respeto)

    Abrazos

    Pd. ¡Bonita recopilación de nuestras plantas! Yo soy un negado para memorizar sus nombres. Y qué lástima de negrillos.

    ResponderEliminar
  4. ¡Hombre no es para tanto! Creo que me he olvidado de alguna planta, todo por no documentarme y fiarme de la memoria, que suele fallar.
    Seguramente habrá sorpresas en otro capitulo, pero no faltará una relación de los animales, pájaros y reptiles de la zona.
    Una cosa Xibelius; ¿Que tal ese vino que hacen en Asturianos? Me han dicho que es bastante bueno ¿Es?.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar