jueves, 3 de enero de 2013

VERBAS E DITOS DE VAL DOS MARCOS.


 Encetémos un ano. Imos ver como o acabamos.
 Hoxe acordeime de unhas palabras que nalgún día, case todos pronunciemos alá polo Val dos Marcos, cousa que me deu pé para facer unha entrada nova, con propósito de continuidade.É o propósito, facer unha entrada,cada-vez que me lembre de unha verba usada alí, sen dicir cual é, e logo ver se aqueles que leen as miñas chorradas acertan e din cual ou cuales son.
 Aqueles que acerten serán agasallados oportunamente cun xongo mollado e os que non acerten e respondan entregarémoslle un gogo seco.
 Nin o xongo, nin o gogo procederan daqueles xeixos relumbrois que hai no alto da Cachena.
 Nesta canteira da Cachena coido que era onde o "ti Laudio", pai dos meus amigos "Milio" e Santiago, collía os xeixos brancos, que atizandole cos restos de unha lima, era quen de acender a mecha coa que matiña acesa a cabicha no canto da boca.
 Había quen cos mesmos artiluxios era capaz de acender lume, como unha vez o tamén amigo meu "Loi", cando se quedou sen lume no monte e recorreu a esa maneira de conseguilo, iscando sobre unhas iscas das que producen algunhas urces. Creo que son as reáguedas.
 Por hoxe xa está ben. Se conseguimos que algunha das verbas non se esqueza, xa será un pequeno aporte a fala arraiana do Val do Tuela onde éste se esconde camiño de Vinhais.
 Que o 2013, polo menos non sexa moito peor que o finado 2012.
 Apertas fortes e aloumiños para todosss....todosss.

12 comentarios:

  1. Neste caso, o palabro pode ser xeixo, por iso da súa utilidade para facer lume en tempos fríos. Non me importa que o gogo estea seco ou mollado, sempre que non estea mollado cun esgarro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Colaches o esgarro que tampouco está mal. O xongo parece que non te mola.
      Apertas.

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. Ohma: gogo = xongo. Nalgures tamén le chaman "cantos rodados"
      Unha aperta.

      Eliminar
    2. Oui, Mademoiselle. Creo que por Aragón chamanle zaborro.
      Se non é así que me perdoen os aragoneses e que digan como é.

      Eliminar
  3. Jo... yo conozco xeito, que se podría decir de Loi.
    Un abrazo, Xabres y a por el 2013 con ganas - que bastante tiene ya el pobre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ya es algo Xibeliuss. Por Santa Colomba, lugar que,por lo visto, adora a Don Quixote, vivió un "esgrevio" louxeiro llamado Silverio, contaba que su cuñada, a veces le mandaba meter el "porro" al fuego. Creo que no llevaba doble sentido, aunque ¡QUIEN SABE?.
      Unha aperta.

      Eliminar
  4. Dá gusto empezar o ano aprendendo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pouco a pouco iremos amoldandonos o novo, 13.
      calquer "palabro" que atopemos, referiremonos él, con mais ou menos fortuna.

      Eliminar
  5. Interesante o tema, e se me permitides, tódalas respostas son válidas dependendo da bisbarra máis ou menos grande da que se encintre o termo. Galiza divídese pricipalmente en tres grandes anacos de desomellantes falas, ainda que istas (euquí temos un exemplo "istas") parezan aberraciós os ollos dos lingüistas do san Iago...
    Pódese chamar: coio, collo, croio, seixo, pelouro, coia (de ahí tal vez o barrio de Vigo, medrado nos anos setenta), goio, crollo, pedrolo, e seguramente algunha que deíxome na cachola. Incruso algúns luares teñen un xeito castrapado ou acastrapado de chamalo "cuerzo", máis ista é un vulgarismo nacido a carón dos arrabales das cidades grandes.
    Por ahí fica a minha aportación por si valeira pra algo.
    En tudo (eiquí temos outro bisbarrismo, "pra" e "tudo") caso dexésobos un gran novo ano que ainda está en panos de neno.
    Grazas, deica logo
    Breves saúdos. d:D´

    ResponderEliminar
  6. Benvido por estes lares d:D. Estás nunha bisbarra que administrativamente non pertence a Galicia. Ë un dos tres concellos da Alta Sanabria de fala galega (por certo a fala destes concellos está recollida pola Academia Galega da Lingua, é decir esta normativizada como tal).
    Pola bisbarra inda hai quen non quere que seña galego o que se fala, e pensan que denigrando acabaran sendo mais "finos".
    As túas aportacións son ben recibidas. Este pequeno universo está aberto a todo o que sea constructivo.
    Repito benvido por eiquí e unha aperta.

    ResponderEliminar