lunes, 7 de septiembre de 2009

¡ADEUS CAMPAÍÑAS DE SAN CIBRAO!

As campanas da igrexa da capital de Val dos Marcos, estan tristes, ameazan-nas con non deixalas tocar a ledicia cando este mundo ven unha nova vida, con non deixalas laiar cando deste mundo liscamos. Xa no poderán tocar “ó concello”, nin a “lume”, é, unha cousa que é moi importante na época das tormentas, pois de todo o mundo é sabido que se cando unha tormenta fera, camiña hacia o pobo, se se tocan as “campas”, a tormenta ou se desfaí ou marcha para as serras.
Agora queren pór uns trebellos de “Higt tecnoloxy”, para congregar os feligreses, cando le veña ben ó que convoca.
Despois de moito tempo pelexando coa própia conciecia, sobre se pertencer a unha iglesia que non me pediu permiso para afiliarme a ela, sobre se será correcto liscar dela, por cuestions de ética e moral, veñen agora tocandole a un... as campas.
Creo que non necesito caseque nada mais para liscar. ¡Problema!: a apostasía e moi complicada e non xurde efecto; seguro que seguen a mandarme como número a Facenda e cobran por min, ainda que na mesma poña “para fins sociais”.
Un aviso a quen corresponda : O ALTOPARLANTE ESTÁ XUSTO ENRIBA DA MIÑA CABECEIRA, E CANDO EU ESTOU NA ALDEA, POLA RAZÓN QUE SEXA, NO QUERO QUE NIN O DIOS DESEs PREDICADORES CATÓLICOS (QUE NON CRISTIANS), ME DESPERTEN CO SON DAS CAMPAS DA CATEDRAL DE “NOTRE DAM”.
De persistir na teima, terán que por tamén un minarete, e unha campana Budista, así como a chamada é a estrela de Israel.
De todolos xeitos, eu, cando quero falar con Deus, non necesito campas, creo que oe desde calquer lugar, canto mais apartado e humilde mellor, senón acordádevos do que día o Novo Testamento daqueles dous xudeus que rezaban. Un humilde desde un curruncho, e o outro desde a parte mais visible do templo, dandose golpes gordos no peito. O Cristo, dixo que ós ollos de Deus, mellor o primeiro.
En fin, que non se me obligue a medir a estupided, nin os decibélios.
Creo que tanto o San Cibrao, como a Virxe do Rosário, serán protectores das campas, e se non ¡MALA SORTE!

5 comentarios:

  1. Campas eléctricas?!?!?!?! Era xa o que me faltaba...
    En fin, que fagan o que queiran, que é o que van a facer diga eu o que diga, non? Únome a túa indignación.
    Bicos!!

    ResponderEliminar
  2. Pois sí querida sobriña. Neste caso estou disposto a dar a batalla hasta o fin, non puxen a campana da capela da Santa Catalina no campanario en balde.
    Bueno, se nos da demasiado a tabarra o altoparlante, haberá que aleixalo. Xa verás cando estés a durmir, despois de unha noite de carallada que gusto te vai dar escoitar unha cousa entre a novena de Bethoven e as campas do quinto carallo.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Eu aínda non o escoitei pero xa me comentaran algo. Creo, ademais, que está xusto ó lado da ventana da nosa habitación!!! pra espertar espabilada vamos??
    Para isto non teñen que pedir permiso??
    Eu avogo pola laicidade de San Ciprián, que cada persoa faga o que queira (relixiosamente falando), mentras non moleste ás demais.
    Ademais, co bonito e tradicional que é o repinicar das campas... ó final imos perdelo todo!!
    Hai algo que se poida facer??

    ResponderEliminar