lunes, 30 de noviembre de 2009

DECLIVE DA CAZA MENOR EN VAL DOS MARCOS



¿Solo en Val dos Marcos.? Teño as miñas dúbidas . Tanto incendio, tanta contaminación e tanta pista polos nosos montes, xunto coa desaparición da gandeiria é a agricultura do centeo, incluso co abandono dos prados, non podía traer nada bo. Coido que a paulatina desaparición da caza menor, so é o preludio de cousas peores na zona.
Hai unha crecente proliferación de porcos monteses, que este ano estarán na súa “fresca ribeira”, pois quederon castañas a reo, e os carballos deron unha gran produción de abelotas, que faran que neste inverno non pasen fame.
Xa fai un tempo, lin nun libro do meu admirado Don Miguel Delibes, que a disminución da caza menor era inversamente proporcional ó aumento da poboación dos porcos do monte. O parecer, este omnívoro, que ten un unha capacidade olfativa superlativa, debece polos ovos de perdiz e por buscar lacalleiras, coa idea de zamparse as crias de “lepra”.
Para ilusrar o que antecede, comtarei a miña última estancia en Sancibrao, tentando cazar algo. Foi este fin de semana pasado.
Xa, climatolóxicamente falando, o asunto non pintaba nada ben. Saímos de Vigo o sábado arredor da unha pensando que ó mellor escampaba no domingo é podia ir ó monte.
Fumos a comer ó Pereiro ó Don Pepe, lugar no que se come estupendamente e sempre a un prezo moi, pero que moi razoable. Cando cheguémos, o baixar do coche tivemos que abrigarnos pois viña frio misturado con un chisco de vento, que encurriachaba as orellas.
Eu tiña a esperanza (por certo, tia Esperanza, esta vostede moi guapa na foto que gañou o concurso en Hermisende), tiña a esperanza, decia, de sair as Cegudas pola tarde a ver si saúdaba á rabona. Cando saímos de comer chovia e practcamente non parou en toda a tarde.
O domingo pola mañá, o asomar o fuciño pola fiestra, parecia que o dia estaría bon, ainda que o Monte Muga, tiña unha gorra de neve no alto.
Deixei de estar en xúas despois de comer un cacho de “Hornazo”, e un bon café recien feito, coa idea de ir para todo o diá, cousa da que desistín o ver que o Monte Muga estábase a vestir unha capa gris que o cubria todo.
Decidín sair, e volver a comer á casa. Pertrechado cos aparellos de cazador, coa Laurona o lombo, subín hasta a casa da miña prima Noemí, par chamar a Canaria, que sería a miña auxiliar. Apuntouse unha cadeliña nova, unha Podenca portuguesa, que apunta unhas maneiras excelentes, seguro que nos dará boas satisfacións na caza do coello, se non desaparecen todos.
O chegar ó cimo do Camiño Novo, tiven que meterme na troba dun castañeiro, pois veu unha nevarada que durou un pouco mais de media hora. Tentado a dar a volta, aguantei estoicamente, hasta que deixou de nevar, é pensei que ó mellor levantaba a lebre no Bedulo.
Rondei as Teixugueiras, o Bedulo é a caboca das Cegudas, e salvo mollerme hasta os xeonllos, non haubia nada que mereza a pena relatar. Cando me acercaba a Touza do Pepe da Cancela, cerca do Poulo do Mexacan, arrancou unha perdiz, ela soliña e sen nadie que a obliguera, e liscou hacia o Lombeiron.
A todo esto, volvía a estar rodeado de niebla e a chuvia escomenzou outra vez, chuvia mezclada con neve, e cun vento do norte que facia que os atributos masculinos se esconderan nas costas, menos mal que non necesitémos mexar.
En todo o traxecto non paraba de ver os lugares donde os porcos foceran, que mesmamente parcía que querian arar o monte.
Arrecioú a auganeve, e non tiven mais remedio que liscar para a casa, eso sí, mollado da cintura para abaixo.
Cundo pasaba cerca do Prado do ti Constantino de Cadavais, da zona do Bedulo lisqueron sete ou oito corzas, camiño das Cegudas, é supoño que irian ó Lombeirón.
Como decia un personaxe de dibuxos animados:
¡ESO, ESO ES TODO, AMIGOS!

3 comentarios:

  1. Hai que reciclarse e ir á caza maior, non?

    ResponderEliminar
  2. ¡Non! Coido que hai que colgar os aparellos

    ResponderEliminar
  3. Creo que non. Lembra o que dicía o impresentable Cela: O que resiste, gana; ou algo así. Aínda que non caces, andarás. E terás algo que contar do pasado inmediato.

    ResponderEliminar