jueves, 5 de noviembre de 2009

MANEIRA SANTA DE DAR CORDA O RELOXIO.



Esta anécdota escoiteila nunha ocasión a miña avoa Martina.
Alá polos trinta primeiros anos do século pasado como sabedes, unha gran maioria dos nosos antepasados, emigraban a facer as américas, pois parece que se falaba de que pola outra banda “do charco” atábanse os cans con chourizas.
Desgraciadamente para eles, a gran maioría, viñan daqueles paises, esfolados de traballar, é, en moitos casos tiñan que pedir cartos para o billete de volta.
Polas aldeas de San Cirpián, A Teixeira, ë Castrlos, que, de todo o axuntamento foron as que mais persoas manderan a emigración (triste palabra, e repetida hoxendia, demasiadas veces) é, se preguntades os vosos antergos, diranvos que ninguén voltou rico.
Moitos, tiveron sorte de volver, e traer catro pesos para desempeñar o viaxe de ida.
Na miña familia, teño mostras do que digo. Por parte de miña mai Dolores, sin ir mais lonxe, emigrera seu pai, xa desde que ela nacida. Voltou, e gracias. Por parte de meu pai Pepe, decir que os seus pais, a pesar de ser curmans, atoperonse en Bos Aires e alí se casaron.
Debe haber moi poucas familias tanto na Texeira, Castrelos e San Cirpián, que non óteñan un ou dous antepasados que cruzaran “o charco”, como eles chamaban ó Oceano Atlántico.
Daquela, decian cando volvian, que estiveran en América ou no Norte, entendendo este último como EE.UU.
Pous ben, na Teixeira, volveran varios emigrados do continente americano. O parecer todos, ou case, o regreso fixeron-no de maneira bastante humilde, sen fachenda de ningunha clase.
Todos menos un, como os da aldea de Obelix.
Este Un, que será ese o nome co que o chamaremos, voltou cun reloxio de peto.
Creo que era un reloxio bastante grande e gordo, cunha cadea que mais parecia un estrinque de acuartear, que outra cousa. Mais o reloxio non se fixera famoso por o seu tamaño senon pola maneira de darle corda.
Non sei se conoceredes a igrexa da Teixeira.Ë pequena e non demasiado alta, polo que calquer ruido durante a misa, escoitábase incluso nas Moreiriñas.
Como sabedes as mulleres e os homes dentro da igrexa estaban separados, os homes arriba cerca do cura, e as mulles detras de todo. Os home tiñan escanos para sentarse naqueles tramos nos que a liturxia o permitia, e as mulleres so tiñan os reclinatórios, as que os tiñan, para estar constantemente axeonlladas. ¿Estarian as mulleres atrás, para non enseñarle as cuxas os homes?.
Pois, indo o que ibamos, o noso Un, púñase na última fila dos homes, e en cabeza casi da das mulleres, e sempre, cando mais silencio habia na igrexa, uns segundos antes da Consagración, este Un, desenfundaba o seu Rosko-Patent, e púñase a darle corda.
Según miña avoa o son daquela corda semellabase bastante o chrrido dun tronzador cortando leña de carballo seca.
Tamén decia que o Un, moi finchado, púñase en posición de firme, e frotaba, mentras le daba corda o trebello, os leguis, un contra o outro.
Daquela parece que era o único medidor de tempo daquela clase que habia na Teixeira.
Habia un de sol, mais non se podia levar a misa, nin precisaba corda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario