domingo, 8 de noviembre de 2009

¿ULA ALMA?



Cando a morte ronda, as andainas arredor dela son moi tristes, e se enriba le tes que explicar a un rapaciño o sentido da mesma, o asunto non so é triste senon tamen aparte de lamentable, tamen moi doloroso.
Nunha ocasión, co gallo da morte de un ser querido, tiven que dar esa explicación a un cativo, que era afillado do finado, e para mais señas debo decir que era o meu fillo.
Vai pouco tempo, buscando, mellor dito deixando que o disco duro do cerebro traiga á memória o que queira, acordeime dun conto que le escoitei á miña avoa Martina, que ela asimesmo le escoitara a familia de Bragança coa que estaba na súa época de aprendiz de alfaiate. No idioma de Val dos Marcos dise xastre.
O CONTO.:
Chega un menino todo compunxido a casa onde etá a súa mai, atizando o lume da lareira facendo que o pucheiro do caldo, e a caldeira da comida dos porcos, non deixe de cocer.
O menino todo triste e desolado díle a mai:
- Mama, acabo de ver como levaban o cemiterio a ese menino que morreu. Ia nunha caixiña branca, meteron-no nunha cova na terra, e a súa mai o seu pai e as irmás non paraban de chorar.Choraban tanto que eu tamén tiña moita pena. ¡Mamá!, ¿Choraban todos porque o neno era mau?
- Non, non era mau- respondeu a mai- mentras seus pais e irmás choraban, a alma do menino xa estaba, no ceo.
- ¿A alma?. Mamá non sei o que é eso. Non entendo.
- Mira; acabas de decirme que ti tiveste moita pena cando o viste enterrar, e chorar os seus parentes.
- Si é certo, tiven pena e dor, sobre todo o ver chorar as rapaciñas.
- A ver, ¿ que parte do teu corpo era o que tiña pena ou dor? ¿Eran as pernas, as orellas, ou os brazos?
- Non, mamá.
- Entonces, ¿era a cabeza ou a barriga?
- ¡Non mamá, era unha dor, así como dentro de min, que me deixaba tristura por todolos lados!
- Esa cousa dentro de tí, é a túa alma, que se pon triste pola morte de un amigo, que te dice que, cando fais unha cousa mal, que non debias facela, ou que cando fais unha boa cousa te pon ledo. E algo que non podes topar, nin ver, mais que sí podes sentir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario