jueves, 21 de octubre de 2010

O RETORNO- (RELATO INCRIBLE)

                              

                                      Capitulo I.- A CHEGADA

 Acabo de baixarme do tren na Gudiña. Busco un medio de locomoción para acercarme a Val dos Marcos. Dende o último desastre as carrteras están impracticables amén de que non hai vehiculos motorizados pola escasez do petróleo.
Son uns trinta e tantos kilómetros, e busco a maneira de desplazarme. Na estación amoseronme uns establos nos que o parecer arrendan cabalos. Eso sirveme, para levar o petate e non camiñar demasiado, estaba ben.
 O dono dos establos, un home recio, e bastante receloso de todo, non quixo arrendarme un cabalo. Dixo que ia lonxe, que a zona a que ia era perigosa e o mellor non voltaba coa besta. So aceptou venderma, e porque se fiaba do meu uniforme. Cando devolvera o cabalo daríame o diñeiro da venta e quedariase con aluguer. Non tiña alternativa, aceptei.
 Antes de emprender o camiño, pasei por unha tenda a mercar roupa de paisano, casi non me decataba de que estaba coa roupa de campaña. Estaba moi habituado a levar gorro, e non atopei ningún. Revireile as orelleiras á gorra montañeira do uniforme, tapeile as estrelas e continuei con ela na caluga.
 O arrendador de cabalos, foi honesto, cedeume un bon cabalo. Áxil, novo, forte e intelixente. Afixémonos proto un o outro.
 Recomendoume que fora polo camiño do Tameirón, pasando pola Esculqueira a Chaguazoso dalí a Castromil e xa estaba na aldea dos meus antepasados.
 O pasar por O Tameirón, descansando a sombra de un castañeiro, mentras o cabalo “ramoneaba” algo e bebia auga, senteime a descansar enriba da pedra das ferraduras.Estaba mirando o val polo que discuerre o rio Diabredo, cuando ó fondo, nunhas leiras vin uns labregos cargando un carro de palla de centeo. Os estadullos non se vian pola altura da carrada.
 Quedou o carro alí, mentras os seus cargadores saian da leira. Quedou co carro un neno de uns seis ou sete anos, que se cansou de estar diante das vacas, e liscou tras dun páxaro. Por mor, seguramente das moscas, as vacas escomenzeron a camiñar hacia o monte, como tiñan o carro “aposto”, arrastrerono con ta ma sorte que apinchou. Volveron os grandes dando berros e ameazando o rapaz por deixar as vacas. Entonces chegou o rapaz e botándole unha man o carro, desemborcouno ante o pasmo dos pais. Ante aquelo decidin baixar hasta a leira a preguntar como fora a quelo. Collí o cabalo polas rendas e baixei. Cuando cheguei alí non habia naide, o mais singula era que o que me parecera unha leira, non era mais que un xestarego, na beira do rio.
 Volvi ó camiño e despous de cruzar o rio segui hacia a Esculqueira. Cuando chegueí o pueblo non atopei ningún ser vivo. Aquel pobo esta deserto. As casas parecia que levaban séculos baleiras.
 Seguín o camiño hacia Chaguazoso, pueblo que tamén estaba abandoado.
 Camiño de Castromil, pareceume ver, no castelo de Formigoso, unhas casoupas con colmo de palla polo que saia fume e xentes recollendo castañas e landoas polos arredores. Cuando estaba cerca aquelo deixei de velo. Parecia que aquel día tiña algunha alucinación. Seguramente inda tiña as alucinacións da época na que estuvera convalecente. Aquela explosión casi nos mata a todos. ¡Malditas guerras!
 Unhas veces andando e outras escanchado no cabalo, chegueí a Castromil, ó primeiro Barrio, tamén estaba abandoado igual que o segundo. ¡Vaya!, penseí, todalas Frieiras estan despobladas. ¿Cuánto tempo levaba sen pasar por alí?
 Malditas armas, e malditas guerras. Dixeranme que estuvera casí dous anos en coma, mais seguro que me enganeron.Xa non as tiña todas conmigo, ou estaba vendo visións ou estaba xa louco.
 Traspasei Castromil camiño do Bario de San Cirprián, en Hermisende. Fui polo camiño de Rechouso, pous parecia que daquela era o único que existía. O chegar ós Caldeiros, a néboa era tan mesta que nin o cabalo se atrevia a camiñar, e como xa era tarde empezaba a facer friu. Tomei a decisión de ir hacia abaixo, pous sabia que en Lagoas habia unhas casas usadas para os vaqueiros e encerrar as vacas no inverno. Vaixei a monte través hasta chegar a primeira casa. Estaba bastante ben conservada, tiña unha lareira inda utilazable, habia unha fonte a carón da entrada, e o lado unha corte na que podía meter o cabalo.
 Despous de quitarle os arreos o cabalo metin-no dentro da corte e puxenle unha ración de pienso da que ia provisto desde a Gudiña. Deixei a sela e as correas penduradas, e subin a lareira co meu petate que me acompañaba nos últimos tres meses. Todo o tempo que duraou a travesia hasta Vigo, a miña estancia en Santiago de Compostela, e o camiño hasta aiqui.
 Tomei a determinación de durmir ali mesmo. Fixen lume, cortei unhas xestas para que me fixeran de colchón e despous de comer o contido de unha lata de sardiñas en aceite, deiteime a dormir.
 Estaba a piques de quedarme dormido, cando sentín uns ruidos estranos na porta e unha especie de laios que non pude identificar. Pensei se serían lobos ou algunha alimaña similar. De repente acordei, que o dos cabalos da Gudiña me dixera que a zona era perigosa, sen espicificar que tipo de perigo, e ante aquelo, decidin sacar do petate militar o único que tiña para a miña defensa. Un revolver automático, que o exército tivera a ben adxudicarme, e o que tería que devolver cando todo aquelo acabara.
 Tranquei ben a porta, e quedeime dormido hasta a mañanciña seguinte. Levanteime, fun a corte puxenle a sela o cabalo, e decidín seguir o camiño cara a aldea dos meus antepasados. A néboa continuaba mesta, o camiño estaba casi borrado polas urces, e os ruidos nos arredores eran ameazantes.
 Decidin vestir as roupas de oficial do exercito, e porme o revolver a cinta, cargado, e disposto por si algunha alimaña se atrevia conmigo ou co cabalo. Todo o que levaba visto daba lugar a esto, e por si acaso.
 Cheguei o rouso do Camiño Novo. A néboa non deixaba ver case nada. O camiño estaba cheo de silvas. Os castañeiros estaban secos, e polos arredores non se sentía ren.
 Albisquei o que quedaba da Igrexa, estaba toda derruida, solo quedaba un cacho da espadaña, o que fora o sagrado estaba sen paredes, e toda a aldea adiviñabase que fora, polas paredes a cachos, que se vian entre as silvas.
 Alí solo habia monte que invadira o espacio dos moradores, e nada mais. Garbanzeiras e de cando en vez algún caneleiro. Xa non habia parreiras, non habia ningún tipo de frutal, solo silvas, garbanceiras, e peixemurgos. Hasta as xestas e as urces despareceran.
 Foi tan grande a angustia que me entrou, que senteime nunha pedra, atei as rendas do cabalo a unha perna e púxenme a chorar como un neno. Quedei dormido.
 Despertoume o son de unha gaita, aquelo que soaba era algo coñecido por min, dirixinme hacia o lugar onde soaba……..


4 comentarios:

  1. Ten boa pinta este relato que pode ser real nun futuro.

    ResponderEliminar
  2. Los trozos de pared que asoman entre las silvas es una imagen que asusta, por conocida.
    Saludos, xabres

    ResponderEliminar
  3. Paideleo, espero chegar mais alá da metade.
    un saludo.

    ResponderEliminar
  4. Xibelius, cada vez nuestros pueblos son más eso "silvas e mais silvas"-
    Esperemos que todo se quede en ficción.
    Unha aperta

    ResponderEliminar