viernes, 15 de octubre de 2010

VAL DOS MARCOS


Como todo o mundo sabe, a capital de Val dos Marcos é San Cibrao lugar enclavado entre a serra do Marabón, a Escusaña e a Gamoneda.
 É este lugar un verdadeiro paraiso, fundamentalmente se non tés a necesidade de vivir arrancandole o sustento áquela terra, pois é un chisco reácia o soltálo, por non porse de acordo coa climatoloxía algunhas veces.
 Vereis : é un lugar, non a aldea, senon os arredores, que sobre todo desde o mes de Abril hasta decembro engaiola pola cromatografia dos seus montes.
 A mayoria do monte é baixo e composto fundamentalmente de urces de dúas castes ou tres. Eu so coñezo dúas as albariñas e as reáguedas, polo menos eses son os nomes usados alí. Nas zonas que antes foron leiras de centeo e liño e que agora estan sen traballar abundan as xestas. Mezcladas coas urces hai tamén carqueixas e chaguazos, e nas zonas mais alta queirugas. Todo este conxunto de flora, cuando escomenzan a brotar as frores, danle unha tonalidade verdadeiramente  sen xenero de dúbida, marabillosa.
 Arredor dos regueiros que baixan polo Ladeairo que conforma a extensión de terreo brotan os carballos, no Tuela os amieiros. Arredor dos prados hai afreixos, salgueiros, e moitos arbores frutais, tales como mazairas, pereiras, zreixais, guindeiras, figueiras, xunto con chopos e os xa caseque desaparecidos negrillos.
 Nesta flora crian e buscan o seu sustento unha boa cantidade de paxaros, mustélidos e outros, que serán obxeto de unha nova entrada que estou a confeccionar, axudado de un libro portugués que fala desto pola zona de Tras os Montes e a nosa.
 Do Tuela teño falado aiqui, mais tamén sera obxeto doutra entrada, na que o coñeceremos desde o seu nacemento hasta a súa entrada en Portuagal.
 Hoxe a aldea ten moi poucos habitantes no inverno, pois alí residentes todo o ano xa caseque se contan cos dedos das dúas mans. Sin embargo na primaveira-vrao-outono, a maioria das casas acollen a algunhas persoas, cada vez menos, pois polo que se ve non somos capaces de que os nosos descendentes le queiran o suficiente.
 Na capital de Val dos Marcos, tamén coñecida por Brumoso noutros lares amigos desde blog, as veces pasan cousas maravillosas, ainda que eu as veces collín a costume de falar aiqui de xente qe nos deixa.
 No mes pasado, setembro, un día que eu ia a Porteliña onde como é sabido teño un pazo con finca, pazo herdado dos meus ancestros da nobleza, que non de sangue azul, tiñan naquela zona. ¡Menudo traballo teño eu agora en manter os xardins limpos e os estanques con nenúfares!
 Ia eu a Porteliña, decia, e cando estaba no fondo da Canadicha, chamoume a amiga Amalia chea de risa e sinalando para o fondo dunha súa finca.
 Mira, díxome, temos aiqui unha das maravillas que a natureza fai na nosa terra. Acercate e mirao ti mesmo.
 Alí no fondo da finca, o pé de un par de grandes nogueiras, habia un zreixal bastante alto, rodeado de hedras desde as raíces hasta a copa. Cual non sería a miña sorpresa cando me decatei de que o zreixal tiña por todo él uns enormes marangolos da tan apreciada uva do rei.
 Para que vexades que no minto, encabezo este relato cunha foto do tal é os seus froitos.

2 comentarios:

  1. Realmente, un lugar donde la naturaleza -aunque a veces se resista- ofrece cosas maravillosas.
    Saludos, Xabres

    ResponderEliminar
  2. Gracias Xibelius. Bienvenido a este humilde blog, que solo pretende que nuestra Sanabria no quede en el olvido.
    Un saludo

    ResponderEliminar