lunes, 1 de noviembre de 2010

¿CAZA OU PESCA?

 Acabo de chegar de Val dos Marcos. Fun a perseguir perdices acompañado polo meu irmán, a Canaria, a Lúa e a Pipa.Por se algún non se decatou, as tres últimas son as nosas acompañates, nesa penuria que se chama caza. Tal vez deberia decir chamada.
 Non estou moi seguro de si fumos de caza ou de pesca.Tentarei explicalo, pero antes deixademe que vos presente a esas tres damas que nos acompañan sempre sen pedir nada a cambio. So unha miradiña, ou un aloumiño cando fixeron ben o que nos cremos que foi ben. Veredes:
 A Canara, xa é o que se di, un can vello. Xa fai as mellores cousas por ser vella,mais que pola súa nariz, ollos ou forza. E da raza “perdigueiro portugués”, a fixose unha boa cadela de caza, seguindo as instrucción da sua mestra”A Rabota”.
 A Lúa, é unha podenca de pelo liso. Inda non ten os dous anos, e creo que vai ser una fora de serie no seu traballo. É lista,traballadora e aprende rápido. Sigue as instrucción da Canaria. No hai mellor cousa que aprender de quen sabe. Cando alguén enseña empiricamente algo, hai que facerle caso.
 A Pipa, é a de meu irman. Ten maneiras, nariz, e é traballadora.O dia que se dé conta que quen traballa para atopar as perdices é ela, será unha fora de serie. Inda é nova.
 Os dias de caza son: sábado e domingo. Neste fin de semana, coido que collimos mais ben unhas trutas, pois parecia que se esborranqueran as preseiras que almacenan a auga nos nubeiros. ¡Que maneira de chover!.
 Na noite do domingo, o señor Eolo, fixo das súas. Foi unha noite terrible de vento, non deixou folla sobre arbore, e suguramente castaña sobre castañeiro. Non teño noticias de canos caidos nin de desgracias. Loubado sexa Deus.
 Esa noite fun a cama cedo. Durmime pronto, estaba canso de camiñar e furar por debaixo da xestas das Latas e perseguir perdices imaxinárias, desde as Teixugueiras hasta o Lombeirón, a Caboca das Colmeas a Xan Macia e de volta o Bedulo e Teixugueiras. Arredor das catro da noite espertei cun abraiante “maullido” de gatos. Non me deixaba durmir. Hasta que puxen atención. Non eran gatos. Era o vento que maullaba por as pequenas frisgas entre as louxas, que facián que o pasar por elas se queixera. Facianlle dano.
 De caza falaremos outro dia.
 So agradecer a Noemí e Diego a súa comprensión e paciencia. 
 Deixovos unha foto tomada da cascada de Castrelos, que xa empeza a deixarse ver con auga.

2 comentarios:

  1. "Cando alguén enseña empiricamente algo, hai que facerle caso" - ¡y tanto!
    Un fin de semana de mucha agua -como casi todos los que recuerdo por los Santos.
    Yo sí apunto una víctima: la nogal de un familiar se rindió al viento.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Por Hermisende, de esta no sé como andaria, pero en el anterior temporal se fueron también a mejor vida unos cuantos "castiñeiros".
    Todavia no me he repuesto de tú última entrada y D. A.Casona.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar