miércoles, 23 de marzo de 2011

¡HAI QUE EDUCAR HASTA ÓS ANIMAIS!

 Na época en que polos lugares da Alta Sanabria, e coido que na baixa tamén, habia certos traballos rutinários e necesarios que merece a pena que sean conocidos.
 Espero que naide se alporice polo que vou relatar dadas as similitudes con modas actuais, cos que non quero nin por asomo facer comparacións.
 Vereis; daquela habia bastantes animais domésticos que eran os que, gracias a eles, os nosos antepasados podian subsistir, e por ende facer que nós estemos hoxe aiqui, eu escribindo e algúns de vos lendo.
 Habia veces, na vida de algúns animais que os seus donos estaban obligados a facerle cousas que agora serian tildadas de maltrato, mais que nada mais lonxe da idea dos gandeiros e labradores. Era como aquelo dos cachetes os nenos, que autorizaban ós mestres se non se portaban ben na escola, outra cousa, tamén hoxe que está mal vista, e así nos vai a todos. Teño amigos no mundo da ensinanza que por non ter nada que ver coa xusticia e cos pais dalgúns alumnos, pasan olimpicamente deles, eso sí cateando-os a fin de curso, pero como non van mais alá, os pais dos rapaces nin van a falar con eles. Parece que solo queren deixar os nenos nalgún sitio e que naide os moleste  a eles, os pais.
 Bueno ia falar doutras cousas.
 Unha delas era cando habia que ferrar os porcos. Cuando os porcos tiñan unha idade e corpo, adoitaban fozar moito nas cortes. Era tal o impetu de mutos deles que puñan patas arriba varias veces o esterco no durmian. Como sabedes as cortes dos animais estaban debaixo do lugar no que habitaban os humans.E coa súa forza puñan en risco o edificio, pois ben sabido é a forza que estes bichos teñen no fuziño.
 O de ferralos consistía en porle unha especie de aro de ferro, con forma de muelle, coas puntas afiadas de tal xeito que si tentaban fozar, unha daquelas puntas cravábasele nos morros, o que facia que o mancarse deixera de enterralos no esterco.
 Supoño que alguén dirá que ¡vaia maneira de maltratalos!, pois non. Mantiñan-os o mellor que podian coa idea de no día da matanza, matalos clavandole un cuchillo hasta quedaren desangrados. ¡Solo admito reclamacións do vexetarianos radicais!.
 Tamén os becerriños eran obxeto de corrección, unha vez na súa vida. Era cuando xa empezaban a comer e xa non debian mamar na vaca. Neste caso á que le facian a “putadiña” era a vaca.
 Ó becerro puñanle algo que le chamaban betilo ou betillo, dependendo da zona. Non sei o nome noutros lugares.
 Este betillo era unha tabliña, cunhas puntas hacia afora, que le ataban na fronte do becerro, posta de tal xeito entre os incipientes cornos e o morro, coas puntas hacia fóra,  asi cuando o becerro intentaba mamar, ó acercar os beizos ós tetos da vaca, as puntas ferian ésta nas ingles, debido o cual ésta dábale unha patada o becerro e non o deixaba mamar. Agotábasele o leite a vaca e con el a pelexa entre os dous.
 Non falarei do que os rapaces le facíamos ós gatos, cando con pez os calzábamos con cascas de noces, para que cando camiñaran se espanteran de sí mesmos, e fuxiran cada vez mais hasta que le caian. Esto solo é pros puristas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario