domingo, 27 de marzo de 2011

VIGO.- ¿¡CRISIS!?

 Seguramente, o que vou contar, no le interesa a ninguén. A min sí, vin-no, acollonoume e non penso guardalo, nese sitio do cerebro que se gaurdan tantaas cousas por pudor.
 Como todos sabeis, e senon  digo-o, vai para trinta e cinco anos que vivo en Vigo.
Vigo desde Teis
 Tradicionalmente Vigo e Ferrol, sempre foron os motores industriais de Galicia, fundamentalmente pola súa industria pesqueira e asteleira en principio. Mais tarde chegou a industria do automóvil, que por esta zona como en outras atopou un “momio” dos gobernos de turno, mais tarde a construcción e demais caralladas que non fai falta recordar.
 Polos anos sesenta Vigo e a comarca, o mesmo que Ferrol e a súa, eran zonas onde os productores catalans, vascos e pouco mais, tiñan un mercado fiel, sólido e en crecemento. Pequenos comercios que vendian de todo, pequenos comercios que cada un creaba catro ou cinco postos de traballo etc.
 Veu a especulación, que entre outras cousas venderen-nola como progreso, e claro, o progreso sempre ven de “fora”, asentéronse por aiqui, as multinacionais, e os expertos en MK. Sabedes que nun segmento marquetiano, os que mais saben son os franceses con os seus sistemas de distribución: Carrefour, Dia, Alcampo, etc, e tamén o que se veu en denominar grandes almacéns, C.I., C.A,  e outros que foron o tacho.
 Esto ven a conto para decir que, co pequeno e mediano comercio, como dicen os libros de texto de economia,  asegurase o 80% de emprego, quedando o 20 % para o resto.
Nova estacion do AVE

 Chegado a este momento a pregunta non me da a gana facela por evidente, sobretodo sabendo que as grandes multinacionais son capaces de deslocalizarse en 48 horas, deixar un feixe de parados, pufos inclumplidos, e non menciono mais, pois os meus coñecementos de dereito están obsoletos e non quero que me entrullen.
 Pois ben, despois deste “introito”, ven o que queía decir:
 Por razon de economia e tamén de saude, ultimamente cando vou ó que era parte da miña empresa,(por certo cada dia con masi problemas) vou camiñando. Eso conleva atrevesar Vigo desde Teis casi, hasta Samil. Se o contakilómetros do meu coche non minte, fago andando 9 kilómetros en cada sentido, ida e volta 18.
 Ir a pé da para moito. Pensar, cansarse, acolloarse, e sobre todo ¡se vas atento ver!.
 Como para ir atraveso casi toda a rúa Sanjurjo Badía, descubrín que nesta rúa hai seis mendicantes, as veces son oito. Están cos seus anuncios de MK, decindonos porque piden, e as súas dificultades actuais. ¡Xa sei!, os considerados emigrantes non os contei, por aquelo de  que algúen dice oque dice. Para min son persoas igual canós, e gustaríame saber, que sería de nos de non ter un antepasado emigrante, que si no seu tempo, no lugar o que emigreron le fixeran o mesmo,  nos non estariamos eiqui.
Zona de Guixar muelles e demais
 Pola rúa Garcia Barbón (por certo un emigrante que fixo moitos cartos “trasladando”negros as americas donde él emigrera) contei sete. Desde a Praza do Sol hasta a entrada de Tomás A. Alonso solo catro, pois está de obras, logo por Bouzas, xa os habituais que caseque que os coñezo a todos. Espero que se algún dia  me fai falta me acollan.
 Noutro día dediqueime a contar os locais que teñen pendurado un cartel de “se vende” “se alquila” ou “se traspasa”, coido que, nun portal sí e noutro non, ainos.
 Fálase de economía mergullada ultimamente, e parece que queren que “aflore”, valame Deus, non creo que o problema sexan uns cantos lambóns que tiran do paro e dun choio noxento na maioria dos casos.
Inaugurando; Alcalde e funcionarios.¡Solo!
 Non me quero facer pesado, por eso, si noutro momento teño ganas e folgos, seguirei dando a tabarra con esto.
 Como estes días por aiqui son dias de inauguracións, por aquelo das próximas eleccións, deixovos unhas fotografías do que se está a facer e Vigo.
 Se non vedes coches nas rúas, non é porque non existan, e porque os seus donos non queren ou non poden pagar a gasofa.
 As fotos so collidas con móvil. ¡Eu queria un telefone, mais teño de todo!

4 comentarios:

  1. Despois aínda hai quen di que os xubilados só miran as obras! Con ou sen móbil-cámara e quen sabe cantas cousas mais, ti fas radiografías sociolóxicas, historia económica do país, sobre a que os políticos deberían reflexionar para actuar e poñer remedio. Se non fose porque andan pensando en inauguracións, na procura de seguir subidos no tallo para que todo siga igual (ou peor).

    ResponderEliminar
  2. Heii.. veciño! xa se te andaba a botar en falla.
    ¡Bonita maneira de chamarle a un inútil!.Eso de estar xubilado, no quere decir morto, todo se andará. ¿Imos a Brumoso pola S. Santa?.

    ResponderEliminar
  3. Imos,se non se torce. E lémbrame que che pase un Amigo medo (Caminero) que teño para ti.

    ResponderEliminar