jueves, 17 de marzo de 2011

¿SANTIAGO OU PRISCILIANO?



 Era un día de finais do cuarenta de Maio. Un día daqueles que, co agrade o lombo e a sella na cabeza, pasa nun intre tan rápido que os dous namorados non se cortan un pelo para apostillar aquelo de: “dias de maio, dias de maldición inda non nace xa se pon o Sol”.
Cuando despous de unha boa andaina polo Ladeairo chegou a Fraga das Ferraduras, ó mellor monumento da arte rupestre en insculturas grabadas en pedra da zona , un grandioso petroglifo.
 Sentouse na pedra contemplandoa, e como ésta é moi baixiña, quedou medio deitado, cousa que sumada o cansancio fixo que se quedera dormido.
 Cuando espertou xa a lúa estaba a piques de desaparecer pola serra do Invernadeiro e as estrelas estaban todas acesas.
 Como estaba deitado, púxose comodo mirando para enriba del, espreitando a Via Láctea que xusto pasaba por alí camiño do fin do mundo.
 Cuanto mais observaba as estrelas mais le parecía que se movian, ou que por alí pasaban como unha especie de sombras. Cuanto mais fruncia as cellas para que os ollos transmitiran mellor imaxe o cerebro, mais le parecia que por alí arriba, movianse sombras.
 Andábale dando voltas na cabeza ó asunto do camiño de Santiago, que según a tradición católico-romana, aquelo marcaba o camiño de Compostela, e pensaba que  non podía ser, pois o firmamento era mais vello que o apostol Santiago, pous solo deberian ir uns dous mil anos da súa andaina pola Terra.
 Estaba nestas cabilaciois, cando pola banda de Val de Cabritos viu subir un romeiro, coa súa capa, o seu bordón e un chapeu cumha cuncha de vieira.
 Chegou onda él, e dandole as boas noites, sentouse o seu lado, colleu a cabaza que levaba e botou un grolo. Limpou o bicarelo coa manga e ofreceulle. Ël agarrou a cabaza, e case se afoga o beber, pois iniciou o acto pensando en auga, é efectivamente era auga.. augardente. Toseu, e o vello doule unhas palmadas nas costas axudandole co trago.
 -Vexo que estabas mirando a via láctea- dixo o recien chegado.
 - Sí- dixo o mozo de Val dos Marcos.
 Xa sei no que pensabas, por eso pasei por aiqui. Todo eso que vos contan do camiño de Compostela, ten unha história moito mais bonita e antigua que o qué se conta.
 Verás: A Via Láctea é o nome que mellor le ben. Deriva da berba leite, e en certo modo é así. Cando os deuses estaba a facer o mundo, mellor dito cando andaban a por a Terra na órbita solar, estaban todos moi atereados e outros con moita curiosidade por ver como acababa aquelo de pór un planeta con vida arredor do Sol.
 Unha deusa do Olimpo, estando a ollar os traballos de posta en marcha da Terra, deulle o peito a un seu fillo e escapousele un chisquiño de leite, que, o sai con forza extendeuse polo firmamento quedando a marca que hoxe chamamos Via Láctea.
 Unha vez que a Terra estivo asentada na súa órbita, os deuses, o ver que desde a mesma se vía o camiño do leite, decidiron non limpalo para que le servira os homes de recordo e guia.
 Esta guia foi aproveitada polas almas dos mortos, porque les marcaba ben o camiño do Alén.
 Xa desde os primeiros tempos tamén o aproveiteron os vivos para ir a visitar a fin do mundo. Nembargantes o Camiño de Santiago que se coñece agora, escomenzou como tal, aproximadamente polo ano 340 da era cristiá.
 En Treveris, Francia, decapiteron a un varon religioso, que predicaba a igualdde entre homes e mulleres, e apostaba porque todos foran iguais, e que non houbera pobres.
 A romaxe empezou cando os seus seguidores decidiron traer o seu corpo de Treveris a  Iria Flavia, perto de Compostela. Viñeron polo que hoxe se chama o camiño francés, que se iniciou daquela.
 Daquela, xa a igrexa  non le gustou o que predicaba. Xa estaban aburguesados, tiñan moitos privilexios, acompañaban os gobernantes e perdoábanle as fechorías, comian ben, apoderábanse do dos demais e vendian un intanxible, misterioso e de dubidosa demostración: o ceo. Se non les facian caso mandaban o persoal o inferno. .
 Co tempo chegueron a ter poder terrenal en vez de conocimento espiritual, e ahí andan.
 O paisano quedou un pouco calado, pensando no que oíra, e preguntoule se se podian volve a ver algunha outra vez, ó que pelegrino respostou: Pódesme atopar sempre que queiras, cando vaias por Iria Flavia, pregunta por min. Non hai moita xente que me coñeza, so algúns. Chámome Prisciliano.

2 comentarios:

  1. No deja de tener su retranca que sea Prisciliano el objeto de todas las peregrinaciones...
    Quizás nunca llegue a saberse de cierto, pero yo dudo mucho, mucho, que el allí enterrado sea Santiago.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Hay dos lbros de dos autoridades mundiales sobre Prisciliano, escrtos, en 1978 el prmero con el título de Priscilano de Avila por Henry Chadwick,que habla de sus enseñanzas y del proceso al que fué sometido. El segundo mas reciente escrito por José Chao Rego tambien con t´tulo de Prisciliano.¡Los milagros a veces.....!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar