sábado, 17 de diciembre de 2011

AS CAMPÁS DA IGREXA DE SANCIBRAO



  A finais do vrao pasado, tiveron que arranxar a campá da igresa de San Ciprian adicada o Bispo  Cipriano. En realidade o que había que arreglar era a cadea, pous xa era demasiado vella e ameazaba con escalabrar a quen a toquera.
  O caso é que tiveron que baixala da espadaña, pous tamén había que meterle man a estrutura de madeira que suxetaba a campá e onde estaba tamén amarrada a cadea. Para facela operación, tivo que vir unha grua, pous a escaleira interior que habia antes xa non está.
  Cando sentín o ruido que facián tanto a grúa como o camión acerqueime a ver, como o facian.
  Unha vez que se leveron a campá, coido que a Verín, eu funme sentar no alto da coroa do Castro. Estaba mirando o oco que deixera o abandono temporal da campá, e pensando que a espadaña da igrexa, estaba un pouco fanada sen a súa campá.
  Caseque me quedo dormido, dandole voltas a imaxinación con relación as histórias que oira contar das bondades da campá. Estaba consagrada a Santa Barbara, e sé se tocaba cando se acercaba unha tormenta, facia que ésta se alonxera, e non fixera mal no pobo.
  Na media modorra que tiña, albisquei cerca de min a figura de un home con un grande chapeu, e un capote pardo e remendado con remendos bastantes grandes e postos o chou polo vello pano adiante.
  Recoñecin-no de inmediato. Xa ia tempo que non tiña noticias del. Saludeino cunha inclinación de cabeza, el fixo o mesmo, e acercouse a carón meu. Colleu unha pedra redonda que sacou do medio das xestas e sentou nela.
         Esa campá ten moito que decir, se algún día fala. Leva cerca de douscentos cincuenta anos metida nesa furna. O pouco tempo de estar posta ahí, pasou unha cousa que trouxo de cabeza as autoridades eclesiásticas e ós veciños cheos de medo.Era tanto o medo que tiñan, que desde que se puña o sol nadie pasaba por diante da igrexa, e nadie se atrevia a entrar no Sagrado.
         Todolos anos, desde o vintecinco de Outubro hasta o dez de Santos, todalas noites, xusto a media noite, soaba a campá tocando á misa coma se Domingo fose.
         Os homes mais valentes fixeron guardia arredor da igrexa, e algúns, os mais atrevidos, subian á parede do Sagrado. Non vian entrar na igrexa a ninguén, mais o chegar a media noite a campá soaba. Todos os vixiantes desaparecian correndo cada un para onde o levaban as pernas. O cerebro tiñan-no semiparalizado.
         Así ano tras ano. Dezaseis días  consecutivos a campá soaba, as mulleres rezaban os rosarios xunto cos vellos e rapaces, e os valentes acababan  esparexidos polos soutos e touzas dos arredores.
         Un ano veu a Bispo de Ourense a abenzoar de novo a igrexa. Eso sí non o fixo nas datas nas que a campá soaba. A disculpa foi que como xa facia moito frio, podía caer unha nevada e  quedaría atrapado pola neve. Son cousas das eminencias.
         No sétimo ano, eu xa era un mozo, xa servira o rei. Estando xa perto das datas do vintecinco de Outubro, nun concello da autarquía, estaba tamén o crego. O final do concello, no que se tratou de arreglar algúns camiños e limpar as canadas, subiuse o crego as raices do castiñeiro e chamou a atención dos parroquianos. Temos que tentar averiguar por qué tocan a campá de noite.- dixo- Se o asunto é como outros anos, xa empezará a soar mañá. Se houbese alguén que fose capaz de vixiar, o mellor poderiamos acabar con esto.
         Ofrecinme eu. Mais púxenles unha condición. Se se acababa coas badaladas, tíñan que darme unha parella de vacas, e unha burra nova. O cura e o alcalde comprometeronse diante de todo o concello a facelo. Supoño que pensaban mais no meu fracaso que noutra cousa. Tamén pedín que non queria a naide conmigo. Tamén pedí que me deran a chave da igrexa, pous queria velo desde dentro.
         Na noite do día vintecinco, media hora antes da media noite, entrei na igrexa, e pecheime por dentro.Levaba un tapabocas por mor do friu, e debaixo unha “lafusier” de dous tiros. Solo era precaución.
          Unha vez  dentro da igrexa, senteime no banco que habia na entrada da sancristía, evitando que a luz da lúa que se filtraba pola pequena fiestra, me dese. Era mellor estar a oscuras.
         Faltando un minuto para as doce, diante de min e nas taboas que hai diante do Altar mor, abriuse e saiu un crego, que nin se fixou en min. Marchou igrexa abaixo, saiu pola porta grande e escomenzou a soar a campá. Eu pensei se estaría a soñar, pois aquelo non o esperaba. Sempre pensera que podía ser unha broma.
         Deixou de tocar, volveu a entrar, e dirixiuse a sancristía. O pasar dinte de min, díxome que xa que estaba alí tiña que axudalo decila misa. Non esperou resposta entrou na sancristía e empezou a vestise coas roupas própias do acto. Cando puxo a Alba, ordeoume que le pasera o Cingulo, cousa que fixen acercandome con certo reparo. Entoces díxome, que durante a misa, oira o que oira, non debía volver a cabeza para atrás. Saímos o altar, acendeu as velas, e empezou co Introibo ab altare Dei, e así continuou a misa. Eu esforzabame por non virar a cabeza, tal como me pedira. Chegou o momento da Consagración, e o crego pasouna por alto. Entonces eu malicieime. Cuando o celebrante ia a decir o Ite, misa est, volvinvin a cabeza, e entonces vin a igrexa chea de xente. Eran casi todolos mortos enterrados no sagrado. O mesmo tempo todos desapareceron, menos o crego, que con voz débil díxome: “manda decir sete misas por todos nos. Ten que ser en San Andrés de Teixido”. O acabar de falar tamén desapareceu.Non soeron mais as campás
         Costoume bastante traballo cobrarle o crego e alcalde, a parexa de vacas e burra, solo o fixeron cando ameazei con decirles a verdade do que pasera.
         Unha parella de recien casados, que eran pobres, quederon moi contentes cos tres animais.
Cuando, quixe preguntar algo que se me ocorrera, o meu interlocutor, sen saber como, xa desaparecera.

 

2 comentarios:

  1. ¡A Santa Compaña!
    Hermoso relato, Xabres.
    Hace así como diez años en mi pueblo refundieron la campana, que llevaba rajada ni se sabe el tiempo.
    Sonaba mucho mejor antes, con raja y todo.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Se arregló la campana.Sigue tocando como siempre.
    La história es una variante adaptada de una que corria por la comarca de Lugo.Se la escuché a un señor de cerca de Viveiro.
    Unha aperta-

    ResponderEliminar