viernes, 30 de diciembre de 2011

O BASILIO, O GERÁSIMO E A SUA BURRA.



 Cuando eu era un chavalote, cuando na aldea inda había xente en casi todalas casas, había moi poucas opcións de diversión como as de agora. Facíase o que se podía cando de divertirse se trataba, con todo aquelo que se tiña a mau.
 O mellor hai quen pense que daquela éramos  algo  brutiños nas nosa maneiras de divertimento. Creo que non. Como en todo, pódaque que podería haber alguén que se pasera un chisco, mais, coido que nunca había má fé nelo.
 Un dos meus amigos, e mais ou menos do meu tempo, era o Gerásimo. Xa  debe facer mais ou menos cincuenta anos que se foi para Bos Aires, alá pola Arxentina.
 Cando estaba na aldea, na súa familia, aparte das vacas, tiñan unha burra. Era unha burra de unha boa talla. Estaba casi a altura de unha égua, mais que dunha burra.
 Tiña-a ensinada a facer carreiras. Montado a pelo,  facía que a burra correra a galope.
 Él era un avezado xinete. Escanchábase no xumento, de calquera maneira, mirando para diante ou mirando hacia o rabo do animal, e facia que correra todo o que daba.
 Nunha ocasión, estábamos uns cuantos, cerca do poulo do Mexacan, nesa hora en que as vacas volvian pra corte.
 Chegou o amigo Gerásimo montado na sua burra e coma sempre facendoa correr e él fachendoso. Eu penso que á  aquel animal xa le gustaba aquela troula.
 Alguén le dixo, que nalgunha ocasión ia caer e esmendrellarse. El dixo que aquello era imposible. Él non caia da burra, nin espantándo-a.
 Andaba por alí o Basilio, gran amigo de facerle bromas os rapaces. Dixo o Basilio que se él le espantaba a burra, seguro que caia.
 Empezou un tira e afroxa, entre eles, que sí, que non, que non, que sí, hasta que se chegou a necesidade de facer unha desmostración empirica.
 O Gerásimo empezaria  a correr no rouso do camiño da Amiñeira, xunto os Mexacans. Cerca do caboco da Teturiña, detrás de unhas urces, esconderíase o Basilio, que tentaría espantala burra, para ver de tiralo.
 Feitos os preparativos, e cadanseu no seu posto, empezou a carreira.
 Ia o cabaleiro en burra a galope tendido, e pre mais inri, montado o revés. E decir escanchado mirando o rabo, e azuzando a xumenta para que correra mais e mais.
 Chegan burra e xinete a altura das urces nas que estaba o Basilio, este salta o camiño de sopetón, tirale a chaqueta, que se enreda na cabeza da burra.
 Como tiña que ser, burra e o amigo Gerásimo roderon polo chao. A burra tal como caeu, incorporouse o verse libre da chaqueta, mais o Gerásimo ficou alçi mesmo embazacado. Tardou catro ou cinco minutos en recuperar a fala. O principio todos empezemos a rir, hasta que vimos que o Basilio facía sinais para que nos acerquéramos. O Gerásimo non daba sinais de vida. Daquela caseque le da un infarto o Basilio, pous evidentemente a sua idea non era defuncionar a nnguén.
 O Gerásimo recuperouse, e como se non pasera nada, volveu escancharse na burra, e saiu galopando cara o rouso do Camiño Novo.

2 comentarios:

  1. Un milagro, que non houbese mortos que lamentar nesas valentías de cabaleiros en bura!!
    Bo ano, xabrés, e boas historias por contar!

    ResponderEliminar
  2. Bon ano a todos, e muto cudado co "sagrado" de Fisterra.
    Fai extensivo o desexo de bon ano a familia asturiana,
    Apertas.

    ResponderEliminar