sábado, 10 de diciembre de 2011

¡IMPORTA A COR DOS OLLOS?

  
 Sempre lo dixeran. “Non fagas caso dos ditos e refrans, solo son certos nalgunhas ocasións”
  Acababa de descubrir, que tanto nunha cousa como na outra, solo habia verdades a medias.
O dito decia,(xa o decian os da Biblia tamén)” non te deites dabaixo dunha figueira, a sombra non é boa e teñense ruins soños”.
 Naide le dixera nada de deitarse debaixo dun castiñeiro. Cando descubriu as maldades da sombra destes soberanos e milenários árbores, xa era tarde.
 Ia pensando nestas cousas, dentro da furgoneta que ia saltando pola estrada camiño do hospital, onde pensaba chegar sen que ningún óso mais se le botera fora docorpo. Xa tiña bastante co do ollo.
 No dia de antes, malfadado día, despous de andar escaldeirando nos prados do Bedulo, bastante derrengado polo esforzo de mover terrois, cuando volvía para casa parou a descansar debaixo daquel castiñeiro de dous canos altísimos que está a parte de arriba da poula das Vichas do Viñal. Castiñeiro altísimo no que criaban os pitos verdeais, sempre nos mismos buracos. Nunca, que se sepa, ninguén chegou a espitrocar no niu deles.
 Deitouse no cano de outro castiñeiro caido, coas maus debaixo da caluga cos dedos cruzados e mirando o vico da arbore e pensando nas musarañas empezou a quedarse medio dormido. Despertou de sútaque cunha forte dor no ollo esquerdo. O levarse a mau él sacóu parte de un ourizo cargado de tres grandes castañas. A metade do ourizo ficou no ollo e a outra clavado na man.
 Traballo le costou o médico de Hermisende desplumalo dos picos do ourizo na mau, os do ollo díxole que tiña que ir o hospital, él non tiña medios nin era ciruxan.
 A furgoneta dou un salto nun daqueles badens da carretera. Sería unha boa cousa que algunha vez a arreglera. Saiu do ensimisma-
mento.
 Volvía do hospital. Volvía triste e pensativo. Si cuando ia, pensaba no que le pasera, ahora solo pensaba no futuro.
 Perdera o ollo esquerdo. Cando as cousas se torcen, fan-no hasta límites insospeitados.Puxéronle un ollo de cristal. Ninguén se parou a mirar de que color tiña os orixinais. Puxéronle un ollo de cristal da cor verde. Os ollos del eran da cor castaño.
 Nunca imáxinara que aquela desgracia o fixera tan feliz. A partir daquel momento, co ollo fixo de cor verde e o outro de cor castaño era o obxeto desexado por todalas mozas da contorna.
 Elexiu a que quixo e que era considerada a mais lanzal e guapa, igual que coa sona de mais recatada e decente de toda a comarca.Tiña os ollos negros coma o acibeche.
 Caseron, foron felices. Tiveron varios fillos. Nunca naide  se preguntou o por qué todolos fillos tiñan os ollos azuis.

2 comentarios:

  1. Fermoso conto, contador. O mellor está nese remate aberto a tantas posibilidades...
    Sempre oíra que a mala sombra era a da nogueira, por exceso de frescor. Pero visto así, a do castiñeiro con ourizos arriba ata pode acabar sendo unha bendición.

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Gracias amigo LoRo. Xa sabes...a natureza...a natureza.... ¿humana?.

    ResponderEliminar