jueves, 8 de diciembre de 2011

"¡CHUNGO!"


 Recordo que cando era rapaz, cada vez que facia unha trasnada, e esa trasnada era das que mais repugnaban á miña nai, ela sempre decía que le gustaría subir o alto dun lombeiro, e alí onde naide a ouvira, porse a dar berros.
 Nunca entendí moi ben aquela arela de dar voces as urces. Podía chegarle coas labazadas que me soltaba. Eu pensaba que o que tiña que dar as voces era eu mesmo-
 Estaba claro que, baixo o seu punto de vista, eu merecia de cando en vez, unhas boas ostias (sin hache), soltábamas, mais o de dar berros ela  non o entendin ata vai pouco.Supoño que o merecia.
 Ultimamente a min estame a pasar o mesmo. Teño ganas de dar berros de rabia. A diferencia coa miña nai, non teño ou non podo darle cun fungueiro a eses que fan que me cabree tanto. Quedaría agustiño, moi agustiño, atizandole cun estadullo a ese feixe de ineptos, semidictadores, e crápulas que se chaman a sí mesmos politicos.
 Neste caso a miña diatriba vai mais contra os europolíticos, ainda que sin olvidarme dos nacionalsindicalistas españois.
 Non me gusta nada todo o que está a pasar, políticamente, na Europa desta época. Aparte de que todolos dirixentes actuais, sexan do color que sexan, coido que ningún ten a talla necesária para sacarnos do marasmo no que estamos metidos.
 Estou convencido de que esta sociedade chegou o fin dun ciclo. Tamén estou convencido de que eses dirixentes non saben como iniciar un novo. Solo son capaces de decirnos o que pasou (moitas veces agachando as súas própias neglixencias e desmans) e meternos medo co fin do famoso estado do “bienestar”, que ó mellor, solo o foi para algúns.
 Nalgunha ocasión escribí por aiquí sobre “un ente extrano chamado os mercados”. Agora teño que rectificar. De extraño nada, acaba de enseñar a patiña. Ahí tendes a dous presidentes de dúas nacións Grecia e Italia, que foron nomeados polos famosos mercados e os seus valedores franco-xermanos. Paseronse polo arco do triunfo a decisión dos respectivos pobos electores. Así e todo os políticos que se deixan suplantar, con ou sen consentimento propio, seguen a vender que a soberanía reside no pobo. Por eso eles fan leises, que logo non cumplen, meten a mau no de todos e non é xuzgado naide, e naide responde da desaparición de diñeiro e ma xestión en Caixas de aforro, nin le esixen responsabiliddes ós bancos cando piden diñeiro público. ¿Cuánto diñeiro terán atamangado xa?.
 Antes de acabar, queria contar algo que me trai lixeiramente preocupado: A fundación de EUROGENDFORD, forza especial de interveción antidisturbios e manifestacions en cualquer país da unión europea. ¡Hai que aplastar todo intento de rebelión!.Fan-no as agachadas.
 Espero que agora entendais a miña entrada con ganas de berrar nos lombeiros, e a nacesidade de ter a mau un bon rebolo restre.
 Saúde para todos. ¡A enfermidade haberá que empezar a pagala! .


3 comentarios:

  1. Non sei como vai rematar esta crise e o que vén atrás.

    ResponderEliminar
  2. Entendote moi ben, eu tamen teño ganas de berrar nos lombeiros. Venderon-nos as finanzas que nos compraron por nada.

    ResponderEliminar