viernes, 30 de diciembre de 2011

EXPERENCIA. SO VIVINDO.(Reflexions)


 Eu non sei se o levar un feixe de anos ás costas, ter vivido desde que se araba con arado romano, hasta a época da  informática e robótica, pode facer que os puntos de vista própios sexan obsoletos, e o que é peor, que un mesmo xa esté fora de  “onda”.
 Mirando hacia atrás, un recorda os tempos de xornaleiro. Traballábase cando alguén que tiña algo que facer e non o daba feito, tiña que recurrir a aqueles que non tiñamos nada que facer, e a cambio de unas moedas podiamos axudar.Él facia o seu choi e nos tíñamos pra tabaco.
 Era a época na que se estaba a rachar cunha maneira de vida e escomenzaba outra, que agora tamén está dando os últimos estertores.
 Se queredes foi a transicion da vida fundamentada do agro, e que cada quen vivia do que tiña, á primeira entrada na chamada era industrial. Na primeira e esaxerando un pouco, os bens de producion( terras), estaban en mans de uns poucos que conseguiran herdalas, ou xuntalas, non sempre con boas artes. Na segunda como todo o que se facia tiña maneira de venderse, cada vez  facía falta mais mau de obra,pra poder fabricar o que se vendía e que de algún xeito era outra forma de escravitude. “Teño choio, págoche algo. Aabase o choio, póñote no camiño”.
 Todo este tinglado foi pasando de país a país, esplotando sempre á xente que ian metendo na roda do consumo, hasta hoxe.
 Naide quixo saber nada do “almacén” de materias primas que a Terra nos deixaba usar. Naide quixo saber nada de se habia dabondo ou non. Decia a miña avoa que, “onde se quita e non se pon, acábase o montón”. Eso é o que está apasar.
 Marcheime polas gallas, e dexei de lado onde quería chegar. O asunto é que, tanto antes como agora, os medios de produción siguen en maus dos mesmos. Varieron as formas, as maneiras, mais, as persoas seguen a ser as mesmas, na maioria dos casos por herencia. Casi nunca por méritos própos.
 Chegado a este punto, un preguntase a sí mesmo a maneira de contarle esto as novas xeracións que non coñeceron o anteriormente descrito de forma directa, senon por oidas.
 Parece que a esperencia non serve pra nada. Claro que pra ter experencia hai que vivila, o non habela vivido, non a ai e polo tanto todo queda a interpretación do cacumen de cada quen.. O problema é que non vale usar a matemática ou  a filosofia –matemática onde todo é branco ou negro, ou duas mais duas suman catro.
 A experencia dice que entre o branco e o negro hai un feixe cromático, e as veces duas e duas non necesariamente son catro.
 Nin a civilización Sumeria era tan anterga, nin os exiptos eran incultos, nin Napoleón era tan cabrón. E o que é peor, cando se descubriu América, os españois non eran os mais sabios nin listos que chegueron o outro lado do Atlantico.Os chinese xa tiñan calendário de mais de cinco mil anos.
 A vida hoxe, é unha suma alxebraica de acaecidos,seguramente onde algunha que outra vez alguén sumou número heteroxeneos.
 Amigos heche o que hai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario