sábado, 26 de marzo de 2011

¿QUEDAN LONTREGAS NO TUELA?

 Era día de caza. Estaba o tempo algo revolto, parecia que iba a facer sol e tamén era aconsellable levar paraguas.
 En circunstacias climáticas parecidas o aconsellable é ir de caza para a zona que chamamos de “abaixo”. A Mallada, Vilares Veigadiz e as súas ladeiras.
 Iniciei a andaina polo camiño da Mallada, buscando as perdices polo Bedulo, As Cegudas e Lombeirón, sitios onde eran querenciosas.
 Daquela tiña unha perdigueira de Burgos, o mellor can de caza  para min, e un dos mais intelixentes. Se non daba señales de caza era que non a había.
 Cuando estaba na Amiñeira, empezou a porse o tempo feo, caia algo de auga-neve, e escomenzou a facer friu. Decidin entonces, deixar o monte e acercarme o Tuela, a ver se localizaba os azulons, que adoitan andar por alí.
 Mal sería que desde Cancelada hasta Chaguazais non atopera algunha bandada destes esquivos e gordos ánades.
 Pensei que o mellor era empezar por Veigadiz, camiñando riu arriba, así cada vez estaba mais cerca da aldea, e se o tempo se enfurecia demasiado, cada vez estaría mais cerca.
 No fondo da Arrequeixiña, marchei pola vella caldeira que en tempo levou auga os prados de Veigadiz.
 Cuando cheguei ós primeiros prados, o que era conocido como o prado do ti Salvador, o que tiña pensado atravesar polo cimo, a perdigueira, empezou a dar mostras de que pola beira do Tuela había caza.
 Normalmente é bastante raro que un can señale desde unha distancia grande a presencia de patos no rio, aparte de que estes animais son moi esquivios, e ás primeiras de cambio escondese.
 A cadela seguia dando mostras, sen alonxarse de min, era como se barruntera que alí non podia haber nada. Prestaba atención, quedábase tesa, rompia a “muestra”, miraba para min e continuaba andando a meu carón.
 Estando nestas de súpeto, no fondo do prado de meu tiu César, do lado do couto, escoitei un ruido de chapoteo na auga, e o prestarle atención, vi que arredor dunha salgueira algo chapoteba.
 Aquelo era algo raro, mais pensei que seguramente os da Moimenta, terian armado cordas por alí e seguro que aquelo que facia o chapoteo era unha truta grande, que tentaba soltarse..
 Empecei a baixar amodiño polos prados, cuando me dei conta de que a cadela, estaba na beira do riu cunha “muestra” desas de non  “te menees”. Estab tiesa, quieta e tremaba, o que me dixo que alí habia caza.
 Pensei eu que aquel balbordo non podian facelo os patos, e se fora unha truta, a cadela non le chamaría a atención.
 Por moito que miraba non conseguia ver nada. O balbordo arredor da salgueira parou, a cadela cambiou de postura. Devagariño, moi devagariño empezou a moverse riu arriba moi lentamente e ficando bastante tempo sinalando o riu.
 Nunha destas, quedouse cravada hacia a beira onde estábamos ela e mais eu, cando me dei conta, diante dela habia unha cabeza saida da auga, que tamén se quedou mirando para ela. ERA UNHA LONTREGA.
 Quedeime quieto, para que non me vira, e púxenle o seguro a escopeta para dedicarme a contemplar aquel bonito espectáculo. A cadela fitando a lontrega, e esta a cadela.
 Mirando para o medio do riu vin outra lontrega que andaba mergullando polas arraigadas, supuxe que buscando trutas.
 Alí habia exactamente sete lontregas, dúas adultas e cinco crias, que xa case eran do tamaño das grandes.
  Supuxe que a min non me vian, pois solo se acercaban a beira curioseando á cadela, que non osaba moverse.
 Unha das lontregas agarrou unha truta regular, e púxose a comela na bordiña, acerqueronse as outras a ela, mais rosmandole de maneira pouco amistosa non as deixou comer. Se conoce que estaba a incitalas a que elas fixeran p mesmo.
 Nun momento dado catro das crias sairon do riu e puiden velas enteiras, cunha cor que co brillo da auga parecía dourada.
 Xa estaba canso de facer o fincón, movinme, elas vironme e por arte máxia desapareceron. Non as volvin a ver.
 A cadela mirou para min casi reprochandome que non fixera fogo. Pronto se olvidou daqueles inquilinos, e o volver hacia a Mallada, sinalou unhas perdices, das que puiden coller dúas.
 Desde que se fixo a autovia das Rias Baixas, non se volveron a ver as Lontregas polo Tuela.

2 comentarios:

  1. ¡Qué suerte, Xabres! Yo nunca he podido ver ninguna: sólo huellas en las orillas y rastros que supuse suyas. ¿Quedan? Dicen - y creo - que sí, lo que no sé cuántas.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Creo que sí. Mia migo Xetoño, que tiene un rebaño de ovejas, me ha contado que el verano pasado vió siete tambien. No digo el lugar porque, hay a quien le gusta matarlas.
    Unha aperta

    ResponderEliminar