lunes, 17 de mayo de 2010

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2010



Fumos a terras de Celanva a celebrar o dia da Letras Galegas.
Uns a Vilanova dos Infantes de troula. Eu soliño a Castromao a renderle tributo os antepasados.
Digo eu soliño, pois ali so estaba eu, uns merlos e uns ferreiriños, que xa estaba coa leria das novas xeracións de páxaros.
Columbriele o nIño os ferreiriños, as merlos non fun quen.
TaméN descubrin queN estivera alí antes que eu, sen contar os castrexos, : O porco montés, estivera por alí fozando. Na coroa mesma do castro deixou a súa arada.
Estando alí, e matinando no asunto das letras e do nome da nosa terra veume a caluga a maneira como Estrabón xa nomeaba estas terras : Kalikoe, que despous voltouse Galaecia, e eis ahí o nome actual.
Esto fíxome pensar, mais de forma romantica que cientÍfica, aceptando a estadía dos Celtas polos nosos lares, seguramente os kalikoe estaban antes e de sempre foron os primeiros poboadores. ¡Que carallo, galegos toda a vida!.
Lástima que aquela Galeciae, que o parecer era desde o rio Douro para acá, se olvidera do asunto. ¡Que mais dá! ¡Sempre será Galicia se os galegos queren, e coido que os galegos queren!
Como xa non queria estar mais alí decidin ir a Bande a ver a capela visigotica, e de paso o campamento romano de Aqua Querquenis.
Valame Zeus, para que eu iria ali!, so para levarme un bon cabreo. Todo o reconstruido estaba asulagado polo encoro, apenas se ve parte de campamento.
Dos nacementos de auga quente, nin ren. Todo debaixo da auga. Así e todo a entrada está o centro de interpretación. Pechado, seguramente polo dia festivo.
Xente pola zona ningunha, agás uns rapaces collendo carpas. Por certo ben grandes.
Volta a Vilanova, donde a xente estaba a bailar. O pobre solitário non le fixeron nin puto caso.
Está claro que as cousas culturais se non se fan ver, parece que non le gustan a ninguén.

3 comentarios:

  1. Pois eu estiven en Vilanova dos Infantes nese día hai varios anos xa e tamén fun ao castro ese.
    A cultura ( se non hai comida ou música ) importa pouco, certo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Heche o que hai!
    Xabres

    ResponderEliminar
  3. Téndeis razón, maís non debemos olvidar que o folk, tamén é cultura, ainda que a min non me guste moito.
    Saudos

    ResponderEliminar