lunes, 3 de mayo de 2010

¡PARIDAS?



De cando en vez, o ir a Val dos Marcos non so serve para alixeirar o caletre, desestresarse e darle unha tunda o lombo. As vece tamén serve para agarrar un bon cabreo coas cousas, daqueles langráns que queren facernos comungar con ostias coma rodas de muiños.
Estando alí, cousa que fixen este fin de semana, entereime que a crise tamén chega os únicos productores de riqueza de Val dos Marcos: O Xeantoño e o seu cuñado o Telmo. Parece ser que agora venden menos rixelos que vai un ano, e ainda por enriba estan reducindo a sua produción, pois o matela suponle mais perda.
E sinxelo sacar as contas, se non gañas co que tes por mor dos costes reais, canto mais produzas mais perdes, se o precio de venda noN cubre todo.
Para acabar de arreglar o asunto, no fin de semana aparecen noticias de cómo hai que salvar a Grecia: FODENDO OS MAIS DÉBILES.
Esta puñetera,( quitadele o eere, pois xa non hai traballadores), clase dirixente, clase especulante, e clase divina, está coma sempre: MANTENDO O SEU ESTATUS A COSTA DO ESTATUS DOS DEMAIS, SOBRE TODO SE SON DEBILES.
En Grecia todo o fregado van pagalo os de sempre, os que malviven, os que van o frente de batalla en caso de guerra, e decir os esbirros de Ulises, e os adoradores de Helena. Menos mal que de cando en vez habia un Príapo, que todo o muno o coñecia pola forma da súa túnica.Non fodia por defecto.
Fódeme moitísimo que sempre acaben facéndonos pagar os pratos rotos, mentras eles seguen a manter as prebendas.
Nuns poucos días farei unha reseña aiqui dunhas ideas escribidas vai mais de vinte anos sobre estas democrácias europeas, que xa o autor decia que os politicos so se preocupaban deles e dos que os axudaban, os verdadeiros introductores das nacións na crise. Textualmente dice que viven coa mirada posta en catro anos, e en eleccións. Namentres a encher os petos por se non os reelixen.
Saúde para todos menos para eles.

2 comentarios:

  1. Xa dicía o outro: os pobres viven do seu traballo e os ricos do traballo dos pobres. Así é e sempre será.

    ResponderEliminar
  2. Paideleo, xa teño uns poucos de anos (66)e ainda estou disposto a pelexar porque eso cambie.
    Os nosos antergos paseron-nas putas, nos imos polo mesmo camiño. Polo menos a ver se somos quen de que Leo e a súa xeración non teñan que pasar polo mesmo.
    Saúdos

    ResponderEliminar