viernes, 7 de mayo de 2010

¡PRONTO NOS VEREMOS DE NOVO!



Todolos dias, cuando o Astro xa iva baixo e a súas raiolas lambian o Castro Bastián, desde facía un bon feixe de anos, sempre, sempre, estaba esperando aquela hora.
Facia que escavacaba nun cacho de amieiro, como se estivese a facer uns zamancos. A madeira xa estaba tan renegrida e seca, que, con solo mirala, decía a cantidade de anos que levaba sendo manoseada.
Chegada a hora en punto de todolos días, o can, aquel can vello, erguiase e asomaba o fuciño pola porta carral, saia a rua en daballe unha lambetada na man a velliña que subia paseniñamente. Cando camiñaba, cada paso consistia en adiantar o equivalente a uns catro centimetros sobre o outro, o que daba a ideade que para percorrer o camiño da fonte levariale unha hora polo menos. Eso se o tempo era bo.
- ¿Qué, vas a fonte?- decia o vello desde o tallo no que facia que escavacaba.

- ¡Si!, - respondia a velliña.-Vou por unha barrila de auga fresca.

- ¡Avía, que se te fai noite!- repondia o vello.

Pasada unha media hora, o can reptia o seu ritual, a velliña sacaba da faltriqueira un cacho de pan, que xa o mesmo esperaba. Coma sempre.
- ¿Cómo vai o zamanco?, preguntaba a velliña.
- Ben, ben. Un dia destes acabo-o –Contestaba o vello.
- ¡Vou contenta de verte de novo!
- ¡O mesmo digo, espero verte mañá!.
Esta era a conversa todalas tardes, fixera sol, chovera ou nevera.
Invariablemente, levaban repetindo os mesmos ditos, á mesma hora, desde o dia que aquel home volvera de Arxentina.
Cando eran mozos, mocearan un co outro.
A terra era avara cos habitantes dela, polo que él, decidiu emigrar as américas, para poder volver con algo co que mercar terras e vivir xuntos.
Volveu, eso sí despois de mais de trinta anos. Como él decia moitas veces, volveu con algo ¡algo mais de anos, e cunha mau detrás e outra dediante!
Xa se les pasera o tempo de casar, e inicieron aquela rutina que tiñan de mozos: ela ia a fonte coa barrila, él estaba na porta traballando, despois da xornada diaria, e desde facia un tempo repetian sempre o mesmo.
Seguramente se algún dia o ritual non se repetira, o can sería capaz de facelo. Nunca perdera ripio.
Un dia a velliña non subiu. Na hora de sempre, unha vez rebasada a mesma o can púxose a aluar, o vello mirouno e caseque non o viu. As bágoas non o deixaban ver. Chamou polo can e metendose dentro da casa rosmou: ¡Pronto nos veremos de novo!.

2 comentarios:

  1. Non sei se é o mellor, pero é desde logo un dos mellores relatos que che teño lido, Xabrés.E un relato dos que merecen premio. Eu ca ti, busba bases de premios de relato curto e mandábao. Claro que igual te descalificaban por telo xa publicado. Xa pasou algo así, con algo publicado en blog. En fin, é un relato que emociona, en todos os sentidos.Parabéns.

    ResponderEliminar