lunes, 31 de mayo de 2010

"LAFUSIER", PELIGROSA



Xa o xantar pasera pontes. Inda non podía liscar da cociña, porque os mais grandes estaban gorentando o café, e enriba non se podía sair, pois aquelas mesas de subir e baixar tiñan a un engaiolado.
Estaban subindo a mesa, e sonou un asubio no curral. Asomei ó cimo da escaleira e abaixo estaba o meu amigo Pepin. Meteu a mau no bolso, e sacou, entre o indice e o polegar unha caixa de mixtos chea. Fixoa sonar como se fose unha ruxideira.
Fixenle unha señal coa mau, que queria decir espera ahí, e volvin a cociña.
- Podo sair- dixen sen dirixirme a nadie en concreto- está abaixo o Pepin esperandome.
- O Pepin, o Pepin, sempre o mesmo- rosmou a nai- inda ides facer unha das vosas algún día. Acordade non facer ningunha trasnada!.
Baixei brincando os balzois de dous en dous, e fun dreitiño o caixón, onde estaba aquela pistola “Lafusier” de dous cañons, e percutores as vistas.
Era un “esbirradeiro” moi antigo, de avancarga e de disparo con pedernal. Como non tiña perigo ningún deixaban-nola sacar e xogar con ela.
Cada vez que le podíamos afanar mixtos as mais, sempre facíamos o mesmo.No lugar onde o “perrillo” percutía púñamos un mixto, tirábamos do gatillo, baixaba o percutor que o machacar a cabeza do mixto, facia un pequeno estouro, e así estouro tras estouro hasta que deixabamos a caixa sen mixtos.
Tíñamos prohibido facer aquello, pois os mixtos tiñan un precio e os cartos non sobraban. Por eso cada vez que tíñamos “mercancia”, escondíamonos para sortear males maiores.
Decidimos meternos dentro da pallarega de Trasil. Alí non nos buscaría ninguén.
Era polos mediados do mes de Setembro, a pallarega estab ateigada de herva seca, e a rente das pallaregas estaban os palleiros: O da tia Maria-Rosa, o Noso, o da Cecilia e o das tias bichas. Este último tiña mais palla na barriga que sete dos outros.
As mallas inda facía pouco que se acaberan, pois contra o valado onde estaban os palleiros habia feixes de palla e algún de coaño.
Estabamos enfrascados estourando cerillas, e non nos demos conta de que unha caeo o chan. Problema; o chan era de herva e cando nos demos conta habia lume na palleira.
Abafemos o lume botandole herva enriba e pisandoa. As lapas acougueron algo, mais de súpeto un “fllowwm” fixoas chegar o colmado.
A pallarega chea de herva, co colmado de palla, e os palleiros o lado, o desastre estaba cantado.
Houbo desbandada total, lisquei para a casa, mais en lugar de decir o que pasaba, senteime nun canto do banco.
Debía estar de tal xeito, que miña mai escomenzou a preguntar que qué fixera, meu pai tamén desconfiou, cuando as campás empeceron a tocar a lume.
Xa atrapei unha labazada, mentra averiguaban que pasaba. Cando xa estaban todas as xentes do lugar apagando o lume, veu a tia Rosario, preguntandome onde estaba o Pepin. Respondin que quedera dentro cousa que automáticamente fixo que as mulleres se puxera a chorar, pois a pallarega xa casi estaba queimada de todo.
Nunha destas o Modesto da tia Fernanda, empezou a retirar os feixes de palla, cuando debaixo dun deles apareceu o Pepin engruñado como un ratiño daqueles que saian debaixo dos últimos mollos nas mallas.
Hoxe quería deixar aiqui a grande paciencia que tivo todo o mundo con nos, e sobre todo a tia Maria-Rosa, que despous de deixala sen herva, sen pallarega, nunca, nunca se enfadou conmigo. Tamén ás tias bichas
Creo que habia moi pouca xente que me quixera tanto como a tia MR. . Desde aiqui mandole un recordo moi cariñoso.Tamén a familia de tia Fernanda
O palleiros non se queimeron.

2 comentarios: